O colexio rural de Verducido volve estar ameazado pola falta de profesorado

A ANPA do centro denuncia que o Xefe Territorial de Educación, Carlos Pérez Ares, non cumpliu as súas promesas de manter o profesorado no centro porque a escola recibiu esta semana a notificación dunha das súas profesoras de infantil, o que fai que se queden con dúas en total.

Por Brais Nogueira | PONTEVEDRA | 27/06/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Os pais e nais do alumnado do EEI Verducido, volven estar en pé de guerra despois de que o ano pasado xa viran ameazada as condicións do centro. Nese momento, corría perigo o posto dunha profesora de Primaria. O problema rematou coa promesa do Xefe Territorial de Educación, Cesar Pérez Ares, que declarou publicamente que a escola “mantería o mesmo número de profesorado”.

Alumnado da EEI de Verducido, nunha sesión de contacontos na que participan nais e pais
Alumnado da EEI de Verducido, nunha sesión de contacontos na que participan nais e pais | Fonte: Cedida

Esta semana, xusto despois de rematar o curso, comunicábaselle ao centro a supresión dunha das mestras de Infantil. Isto deixa aos 37 alumnos que teñen praza no colexio nunha situación moi precaria. Hoxe as 20:30 os a ANPA organizou unha manifestación para protestar por esta situación onde acudirán veciños do pobo, a Comunidade de Montes da zona e representantes de diferentes partidos políticos.

Luís Rey, pai dun alumno de Infantil, móstrase moi preocupado polo devir do colexio se esta decisión se mantén no tempo. Ademais, considera que a situación do centro non era ideal xa de por si “cunha profesora que ten que exercer os cargos de directora, xefa de estudos e incluso de conserxe”. Ademais, destaca que esta praza que se pretende quitar deixaría o centro con dúas profesoras, unha delas en substitución.

Os pais non están nada satisfeitos co trato do Xefe Territorial: “Pedimos en varias ocasións unha reunión con el, pero a única resposta que tivemos foi a través dos medios de comunicación", quéixase Rey. Ademais denuncian que incumprira a súa promesa de manter ao profesorado do centro coa situación que están a vivir esta semana.

MOTIVOS

A pesar de que Rey afirma que “en ningún momento” ninguén lles fixo chegar un motivo concreto da toma desta decisión, uns dos motivos que se barallan é o descenso da natalidade. “Isto é un suceso conxuntural que afecta a toda a provincia de Pontevedra. En todo caso, precisamente a Verducido non lle afectou especialmente”, polo que non comprende o por que da situación.

O patio da EEI de Verducido conta cunha horta ecolóxica que xestionan as familias xunto as mestras
O patio da EEI de Verducido conta cunha horta ecolóxica que xestionan as familias xunto as mestras | Fonte: Cedida

“A nosa conclusión é que se trata dun erro. Soamente algo así pode partir dunha situación errática porque o Verducido é un colexio cunha innovación pedagóxica recoñecida”. Ademais, indica que o centro, polo seu fomento do rural “cumpre as liñas de actuación da Xunta de Galicia nesta materia, é o único centro da zona que atrae alumnado da cidade”. Maria Teresa Riveiro, nai dunha nena de primaria é máis crítica: “A pesar do que digan, parece que queren pechar os colexios do rural”

Rei indica que o Consello de Estado establece a ratio en colexios rurais en nove alumnos por profesor. “Se isto vai adiante, quedará en dezasete nunha clase”, laméntase Rey. Neste sentido, Riveiro considera que é relevante que sexan nenos entre tres e cinco anos “porque iso entraña unha maior dificultade para impartir clase”. Ademais, engade que en Primaria non hai reforzo educativo a pesar de que se pediu en moitas ocasións. “A miña fixa necesítao”, reclama.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta