Gonzalo Caballero entrará no Parlamento galego en xullo

"Se non é antes do próximo pleno, vai ser xusto despois", anunciou o portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2019 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo que o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, entrará na Cámara autonómica "este mes", en xullo, pero non puxo unha data: "Se non é antes do próximo pleno, vai ser xusto despois".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press

Leiceaga non desvelou se será "antes ou despois" da sesión que se celebrará entre o martes 9 e o mércores 10 de xullo, que ademais será a última do actual curso político.

O tamén presidente do PSdeG explicou que iso depende de "dúas circunstancias". Por unha banda, está que se fagan "reais" as dedicacións exclusivas nos concellos, posto que o desembarco de Caballero no Pazo do Hórreo poderá producirse unha vez o aínda deputado Abel Losada renuncie á súa acta tras ser nomeado concelleira de Emprego, Cultura e Participación Cidadá en Vigo.

Ademais, prevese a chegada de María Teresa Porrit, que tomará posesión da acta que deixará o deputado pola Coruña Juan Díaz Villoslada, edil de Urbanismo, Mobilidade e Infraestruturas do Concello herculino.

Doutra banda, o portavoz do PSdeG no Parlamento galego apuntou a que estas incorporacións se realizarán en función da "propia dinámica do traballo parlamentario". "Imos analizalo estes días e tomaremos unha decisión. Se non é antes do próximo pleno, vai ser xusto despois", indicou Leiceaga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta