Analizan en Santiago os últimos avances na utilización de nanopartículas magnéticas para o tratamento do cancro

A USC e a Universidade de York realizaron unha sesión de traballo conxunta sobre ‘Nanopartículas magnéticas para hipertermia: retos e oportunidades’.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/07/2019 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

Un encontro de traballo entre investigadores da USC e da Universidade de York analizou este luns a situación actual e o futuro da investigación do uso de nanopartículas magnéticas para o tratamento do cancro, a chamada hipertermia magnética

Investigan as nanopartículas para tratar o cancro
Investigan as nanopartículas para tratar o cancro | Fonte: ENAC - Arquivo

O evento desenvólvese na Facultade de Óptica baixo o lema ‘Nanopartículas magnéticas para hipertermia: retos e oportunidades’ e coa participación de investigadores de distintos países dando continuidade á primeira edición celebrada en 2017 co gallo dun proxecto da Royal Society entre a USC e a Universidade de York. 

Neste segunda edición, o programa estivo centrado nos retos máis importantes así como posibles oportunidades relacionadas coa hipertermia magnética con particular atención á súa comprensión teórica, a identificación da propiedade das partículas ou outros posibles usos biomédicos. O programa estaba organizado de xeito conxunto polo investigador posdoutoral David Serantes e o director do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC, Daniel Baldomir, xunto co profesor Roy Chantrell, director do grupo Computational Magnetism da Universidade de York. Este evento conta co financiamento da Agrupación Estratéxica de Materiais (AEMAT) e polo Laboratorio de Sistemas (LABSIS), ambos da USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta