Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2019 | Actualizada ás 20:05
A EOXI de Pontevedra e O Salnés optou por cubrir as ausencias durante os meses de verán con prolongamentos de xornada ao persoal dos centros ou a través de "intersubstitucións", é dicir, que o resto de profesionais asuman de maneira provisional a cota de consultas do persoal ausente.
Diso informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) a través dun comunicado no que sinala que a medida conta con "marxe legal e administrativo ao ser a cobertura asistencial nos centros un asunto de "interese público".
Así, apunta que "ante a imposibilidade de cubrir as ausencias estivais" con profesionais das listas e contratación ou con persoal voluntario, a EOXI de Pontevedra opta por prolongar as xornadas ou que o persoal presente asuma "a cota" dos seus compañeiros ausentes.
O Sergas afirma que "a súa previsión garante cada ano a asistencia sanitaria nesta época, ao mesmo tempo que compatabiliza o dereito dos profesionais ao seu descanso vacacional".
Esta decisión, que segundo lembra o Sergas xa se adoptou noutras ocasións por parte das xerencias de atención primaria de Pontevedra, aplicouse na PAC de Marín e Vilagarcía, "tendo en conta que se esgotaron as xestións administrativas de recursos humanos posibles para cubrir con criterios de continuidade esta atención".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.