O BNG propón realizar un estudo para documentar todos os bens "roubados" polo Franquismo en Galicia

O deputado nacionalista Luís Bará remite ao vicepresidente da Xunta unha carta coa petición e considera que o Pazo de Meirás soamente é "a punta do iceberg" dun gran espolio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2019 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O BNG pedirá no Parlamento de Galicia a posta en marcha dun estudo que permita inventariar e documentar todos os bens "roubados" polo Franquismo en Galicia ao considerar que "sobran evidencias" do "espolio sistemático perpetrado polo ditador". Diso informou a formación nacionalista nun comunicado, no que explica que, ademais das iniciativas presentadas na Cámara galega, o seu portavoz parlamentario en temas de memoria histórica, Luís Bará, remitiu ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha carta con esta petición.

"Está amplamente documentado que se apropiaron de forma irregular e ilícita dunha gran cantidade de bens de propiedade pública ou privada que acabaron formando parte do patrimonio do ditador e dos seus herdeiros e, por tanto, constitúe un caso claro de enriquecemento ilícito e de malversación de fondos públicos", sinala o deputado do Bloque.

De feito, apunta que o Pazo de Meirás é só "a punta do iceberg" dun gran "macro-espolio" do que forman parte tamén a Casa de Cornide da Coruña, as estatuas de Isaac e Abraham do Pórtico da Gloria, as pilas bautismales do mosteiro de San Xiao de Moraime en Muxía, o Pazo de Bendaña en Dodro, así como obras de arte, cruceiros, escudos, fontes e outros elementos que foron roubados de numerosos pazos galegos.

Ademais destes bens que o BNG cualifica de "roubados", a formación nacionalista pide que o documento inclúa "toda a rede ou trama de homes de palla, de dirixentes políticos e empresariais que colaboraron no espolio e recibiron beneficios e prebendas do ditador". "E, obviamente, un detallado inventario de todos os bens mobles e inmobles expoliados, no que figuren os datos de procedencia, método de adquisición, valor histórico e cultural, así como a situación actual", indicou.

O Bloque tamén reclama que o documento contemple a relación de persoas ou entidades lexitimadas para proceder á recuperación deses bens. "O obxectivo final deste estudo é facilitar que todas as persoas ou entidades lexítimas propietarias recuperen os bens roubados polo Franquismo", indica. "O coñecemento da verdade histórica é unha mostra de saúde democrática e de transparencia, e o primeiro paso para que se faga xustiza, recoñézase se houbo roubo sistemático e a corrupción a gran escala do franquismo", sinala Bará na súa carta.

O deputado do BNG Luís Bará. EUROPA PRESS - Arquivo
O deputado do BNG Luís Bará. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 pjrngw

Así pues, hermanos, oremos por la resurrección del Generalísimo o en su defecto la vuelta al gobierno de los partidos de orden, fachas como Dios manda, que vuelvan a aplicar el artículo 155 y, si posible fuere, restauren la Santa Inquisición. Palabra de Dios.

3 pjrngw

En aquella dorada época del régimen de Franco reinaba en nuestra Patria la paz, la decencia y la voluntad de Dios Nuestro Señor, a través de un Estado confesionalmente católico, apostólico y romano, sin más partidos que los de la liga y la copa de Su Excelencia o nuestro glorioso Movimiento Nacional dirigido con mano firme por el Generalísimo Franco. Las mujeres, recatadas y obedientes a sus esposos, reinaban en los hogares para educar a sus hijos en los valores de la verdadera religión revelada por Dios para la salvación de los hombres. No había homosexualidad como ahora, no había ese divorcio disolvente de las familias que hoy está a la orden del día, las mujeres llevaban el peinado denominado Arriba España y en general los españoles gozaban de una envidiable libertad para aclamar al Caudillo, pedir limosna, ir a misa y emigrar a diversos países del mundo, vocación histórica de nuestro pueblo, unidad de destino en lo universal.

2 pjrngw

Ave María purísima. Queridos hermanos en Cristo: Hoy, 18 de julio, se cumple el 83 aniversario de aquel legendario Alzamiento Nacional para el que nuestro añorado Caudillo, gallego y gran amante de esta españolísima región, había sido elegido por el Altísmo y empuñó su espada de soldado al servicio de Dios y España, reserva espiritual de Occidente. Estando el Caudillo en cierta ocasión en su alcoba cavilando preocupado por la situación de la Patria, vio de repente un resplandor en la ventana y oyó una voz que le decía: "Hijo mío, fiel discípulo de Cristo, Yo, el Todopoderoso, te encomiendo una misión..." No es necesario continuar, la misión era, naturalmente, salvar a España, y nuestro Generalísimo, postrado de rodillas, simplemente respondió: "Señor, tú ordenas y yo obedezco". Frente a la masonería, el comunismo, el separatismo y la masturbación, Francisco Franco lideró la última y más brillante Cruzada de la cristiandad.

1 Bismutiño

Logo queremos coñecer os bens robados polo BNG e os seus chiringuitos