Xabier P. Docampo e Xosé Cobas dannos unha nova mostra do seu talento artístico. O primeiro como autor do texto e o segundo, das fermosas ilustracións, veñen de publicar “A illa de todas as illas” (Xerais, 2013), un relato breve que narra as aventuras de tres rapaces extraviados nunha pequena illa cuberta por unha néboa densa que non lles permite retornar ao lugar donde os agardan os seus maiores. Neste ambiente fantasmagórico o tempo detense e os tres nenos, no seu deambular errático, atópanse con diversos persoaxes extraídos da literatura universal: alí están dende o Capitán Nemo e Robinson Crusoe ata o coxo John Silver.