Segundo a practica totalidade dos inquéritos publicados (a maioría deles promovidos para alimentar un estado de opinión favorábel á inevitabilidade dunha derrota da actual maioría que sostén ao goberno de Sánchez), a chegada de Feijoo á dirección do PP explica, nunha boa medida, a expectativa de cambio que debuxan eses traballos demoscópicos.
Hai so quince días anticipei nestas mesmas páxinas (“Aínda hai xuices en Berlin”) o probábel rexeitamento da xustiza alemá á extradición de Puigdemont polo delicto de rebelión, á vista da redacción do tipo delictivo da alta traición no Código Penal alemán, que require violencia ou intimidación. Mais semellaba que non, que Llarena fixera un traballo moi bó, que Merkel e Rajoy eran moi amigos e Alemaña un país serio. Puigdemont sería extraditado axiña.
As pensións constitúen un dos alicerces fundamentais do Estado moderno do Benestar. No Estado español hai case dez millóns de retirados pensionistas que constitúen o principal celeiro de votos da dereita. Mais semella que existen centos de milleiros deste colectivo que xa non acreditan nos contos e mentiras dos políticos que adoitaban obter os seus votos.
Cómpre saber se o grupo de En Marea no Congreso é compatible cos plans de Podemos e IU e as razóns para non blindalo mediante a presentación dun partido instrumental
A sabedoría acumulada dos nosos agricultores, non é froito da casualidade, débese a anos e anos de experiencia, de observación, de paciencia é de encontrar a relación causa – efecto dos diferentes fenómenos biolóxicos, atmosféricos, nutricionais, ou temporais.
Intentar comprender a complexidade do sistema enerxético en España e do mercado eléctrico en particular, parte de reflexionar sobre o aumento continuado dos prezos da electricidade, a excesiva complexidade do sistema eléctrico, o monopolio empresarial de tal sistema e o cambio de timón na “política enerxética” realizada nos últimos anos, en aras de considerar ás enerxías renovables como responsables do desequilibrio estrutural do propio sistema.
Cada vez son máis os emprendedores e emprendedoras, que apostan por un sector tan tradicional, e a vez tan innovador como é o da cervexa artesán, que a modo de colmea activa, están espallados por diferentes puntos da xeografía galega.
En anteriores ocasións, e neste mesmo foro, estas liñas trataron de facerse eco de diferentes “desviacións” ou “situación particulares” que podían apreciarse no sistema enerxético en xeneral, e en España en particular, e que en definita poñían de manifesto,novamente, como quen ten a información ten o poder, e como a opacidade informativa está moitas veces detrás da opacidade evolutiva.
Ter unha idea innovadora é moi importante, o xermolo do chamado a ser un padrón de éxito. A clave está naquilo que se fai a continuación. Esa primeira intuición hai que traballala con múltiples criterios, pulila, visualizala, traela ao mundo real, moldeala, relacionala e focalizala nos beneficios que pode ofrecer tanto para a sociedade en xeral como para os seus usuarios en particular.
Hai poucos días saiu aprobada a normativa que regula o autoconsumo eléctrico en España. Un feito ainda novedoso e sorprendente aquí, tanto en “contenido como en continente”. Cun reducido límite de 10 kW, toda autoproducción de electricidade que exceda deste límite, e que polo tanto supoña verter excedente á rede eléctrica, terá que afrontar unha penalización económica por kW, en base á descompensación e competencia desleal que eses vertidos poden supor fronte ao mercado tradicional eléctrico en España.
Resulta habitual facer unha referencia case directa á enerxía cando se está a falar da Estratexia 2020. Non é un erro absoluto, mais só unha variable do conxunto. Así, a Estratexia 2020 apoiase en cinco eixos de actuación:
É moi gratificante encontrarse con persoas decididas, valentes, visionarias, creativas e innovadoras, que ten unha idea brillante, que descobren o nicho de mercado e que desenvolven un plan de negocio consistente, realista, crible e fiable, co que están totalmente implicados, e pon nel todas as súas enerxías e o seu capital para sacalo adiante.
Agora que comeza un novo curso académico e chegan novos estudantes as facultades de Economía e ADE venme ao pensamento unha falacia moi popular entre a xente nova, incluso entre os estudantes de economía: esta é a idea de que a economía é unha disciplina sen contido moral.
Nas últimas semáns vimos asistindo con horror a máis grande onda de refuxiados experimentada por Europa nos últimos decenios. Proliferan os posicionamentos inducidos polo medo a que os inmigrantes ocupen os postos de traballo dos nativos, impoñan importantes custes aos contribuintes ou simplemente a convivencia se deteriore. Nun recente referéndum, a poboación suiza ven de rexeitar o libre movemento de traballadores da UE, tamén recentemente o primeiro ministro británico reclamou o incremento das restriccións a mobilidade laboral dentro da UE. A propia UE tivo unha actitude titubeante ao comezo da chegada dos refuxiados. Tras a conmoción xerada polas brutáis imaxes dos refuxiados mortos a UE aborda a creación dun sistema de reparto entre estados dos demandantes de asilo.
No complexo panorama socioeconómico e financeiro actual, a supervivencia dos axentes económicos é unha meta diaria, nun entorno no que o propio sistema económico destaca por non ser sostible e por non considerar a verdadeira importancia do consumidor como axente económico. Polo tanto, dificulta todavía máis esa supervivencia.
A expansión das enerxías renovables en España e en particular en Galicia, nos últimos anos non estivo exenta de controversias, dependendo en parte a súa aceptación social da valoración dos terreos forestais onde se instalaran estas infraestruturas industrias, debido aos desaxustes entre o prezo polo uso do terreo e os beneficios xerados da explotación. E por outra parte, non existía un modelo de regulamento que contemplase a participación de todos os axentes e colectivos implicados, provocando situacións de desamparo debido á non regulación.
Galicia supón moi pouco para o conxunto do Estado, tanto en termos de PIB como en poboación. Quere dicir isto que a nosa forza é a diferenza, a identidade, unha Marca propria. Mellor sermos país de noso ca provincia.
Os países do subcontinente suramericanos teñen experimentado amplos vaivéns económicos. Países que hai décadas foron ricos, como Venezuela, caeron nunha profunda desgraza. Tamén a Arxentina experimentou algo semellante. Aos bos tempos sucedéronlle décadas perdidas. Esta primeira década do século XXI parece ter achegado novos folgos á maioría dos países do subcontinente. Tal vez este sexa a súa oportunidade para sumarse á senda da prosperidade.
O papel estratéxico e estrutural que o sistema enerxético desempeña na evolución socioeconómica mundial, e polo tanto de España e Galicia, é o elemento clave para comprender a magnitude das negociacións xeopolíticas que ante el se construen.
Robert E. Lucas é un economista norteamericano que recibiu o premio Nobel de Economía no ano 1995. De acordo co informe da academia sueca que acompañou a decisión de lle conceder o galardón, Lucas foi merecedor do o Nobel por “ter desenvolvida e aplicada a hipótese das expectativas racionais, o que permitiu transformar a análise macroeconómica e profundizar na nosa comprensión da política económica”.
O avance da economía é un factor que inevitablemente leva a un aumento do consumo enerxético, e que vai incidindo nun aumento da oferta enerxética dispoñible. E neste contexto, a enerxía e a tripla perspectiva de sostibilidade presentan un forte nexo, destacando que a seguridade do abastecemento enerxético e o prezo da enerxía son factores clave para a reprodución da economía, pero recoñecendo que determinadas formas de produción e de consumo lesionan a sostibilidade ambiental.
O derradeiro mes de febreiro, o goberno de Mariano Rajoy completou a privatización dun 49% do capital de AENA, a empresa que se encarga da xestión dos 47 principais aeroportos españois. Aínda que o obxectivo inicial do goberno era poñer un 60 por cen da empresa en mans privadas, decidiu pospoñer a privatización de un 11% do seu capital e manter o control público da empresa coa intención de reducir a débeda da mesma -que ascende a 17.000 millóns de euros- antes de completar o plan. A maior parte desta privatización parcial se fixo mediante unha oferta pública de accións, aínda que a xestora de fondos británica TCI foi seleccionada previamente como inversor de referencia e se converteu no accionista privado con unha maior participación, un 7,47%. O goberno, que asignou a empresa un valor de 8700 millóns de euros, ingresou 4263 millóns de euros pola operación.
As diferenzas de renda per cápita entre países son enormes. Para ter unha idea da magnitude destas diferenzas abonda con apontar que actualmente o Produto Interno Bruto per cápita medio do 10% dos países mais ricos multiplica por aproximadamente un factor de 40 o do 10% dos países mais pobres. Cáles son as causas destas diferenzas?.
Contan as crónicas que, catro días antes de morrer, Emilio Botín confesou a un grupo de xornalistas que tiña dúas preocupacións fundamentais:a situación de Catalunya e o resultado acadado por Podemos.