A enquisa de Sondaxe debuxa un resultado electoral para o 26X similar ao 20D. A gran diferencia é que En Marea avanza coméndolle dous deputados ao PSdeG. O resto de forzas queda igual e, naturalmente, todas interpretan o estudo en función dos seus intereses.
  comenta   9
Unha enquisa de NCC Report debuxa un panorama moi similar ao do 20D, no caso de repetirse as eleccións xerais.
  comenta   7
José Ramón Besteiro insiste en que o PSdeG segue sendo a segunda forza en Galicia porque En Marea é un conxunto de partidos "nacionalistas a tempo completo, nacionalistas a tempo parcial, nacionalistas do 25 de xullo, comunistas e postcomunistas".
  comenta   9
Lembran que o líder do PSOE foi elixido en Primarias polos militanes e din que as críticas ao secretario xeral "convulsionan" a este partido.
  comenta   3
O líder de Anova carga duramente contra a estratexia dos dirixentes territoriais socialistas e aposta por "facerlle un cerco" a este partido para que "non caia na tentación" de permitir que goberne o PP no Estado. Anova insiste en manter a "fiestra aberta" a outras formacións para acadar o Goberno da Xunta.
  comenta   18
A formación escindida de Anova destaca o éxito de En Marea e felicítase porque Galicia teña grupo parlamentario propio en Madrid.
  comenta   10
O líder do BNG anuncia que a formación renovará a súa dirección en marzo. “Queremos conseguir con iso un futuro de dinamismo e prosperidade enmarcado nun proxecto nacionalista que debe ser aberto e inclusivo", apunta.
  comenta   31
Onde gañou o PP, e o PSOE?... Onde tivo mellores resultados En Marea e Nós?. Como é a irrupción de Ciudadanos?. Os comicios do pasado domingo deixan abertas moitas incógnitas sobre a evolución política e electoral dos concellos e as provincias galegas.
  comenta   4
Os populares cren que o seu "negativo" resultado é "razoablemente mellor" que en España. Os socialistas ven “moi positivo” o resultado porque avance que o “cambio é posible” nas autonómicas.
  comenta   1
“Non estamos derrotad@s, e tal e como fixemos en moitas ocasións ao longo da nosa historia, comprometémonos a dar o mellor de nós para nos erguer e poñernos en pé, como sempre fixemos”, apunta a Executiva nacionalista nun documento remitido a súa militancia no que recoñece que os resultados son “negativos”.
  comenta   36
O PPdeG perdería a súa maioría absoluta e tería difícil gobernar nunhas autonómicas se houbera unidade dos partidos da esquerda en 2016. Irrompe en Galicia con forza En Marea que supera ao PSdeG como segunda forza. Tamén entra Ciudadanos con vistas a “consolidarse” nas autonómicas. O gran prexudicado é o BNG que queda sen representación en Madrid. O 20D reflexa dúas Galicias, a da costa e a do interior.
  comenta   11
Os seus dirixentes din que teñen “boas expectativas” para as eleccións galegas do 2016 porque este 20D “certifica a súa implantación” en Galicia.
  comenta   2
Anticipa un cambio nas autonómicas do 2016 e destaca que o PSOE segue sendo a segunda forza en Galicia por En Marea “é unha coalición de tres forzas políticas diferentes”.
  comenta   3
O líder popular destaca que o PP galego sacou mellor resultado que o conxunto do PP no Estado e destaca que, grazas a autocrítica e a renovación que fixo do seu partido, os resultados non foron peores.
  comenta   1
Galicia gañou 17.047 electores con respecto ao ano 2011, pero perde lugares de votación e tamén mesas electorais.
  comenta   1
O medio británico publica o vídeo no que se ve como o presidente español foi golpeado durante a campaña electoral.
  comenta   3
A TVG e RTVE publicarán unha 'israelita' minutos despois de pechados os colexios electorais. Os resultados do escrutinio oficial iranse publicando en directo na Rede -enlace no interior- e o goberno estima que antes das 11 xa haberá datos que permitan albiscar o resultado das eleccións máis discutidas da historia recente do Estado.
  comenta   3
A pesar de que aumentou o número de votantes desde o exterior, con respecto a outros procesos electorais, o certo é que a maior parte dos emigrantes critican as enormes dificultades que están tendo para poder exercer o seu dereito ao voto. Feijóo xa recoñeceu estes problemas e aposta por cambiar o actual sistema de voto rogado.
  comenta   1
Di que, en Galicia, os comicios son “unha final a tres” entre PP, PSOE e En Marea.
  comenta   3
Feijóo percorrerá as catro provincias galegas este venres, para o peche da campaña. “O obxectivo é aproveitar cada minuto do que resta de campaña para mobilizar ao electorado", apunta o PP.
  comenta   0
Analizamos e comparamos as claves das propostas electorais das dúas plataformas políticas galegas de cara ó 20D.
  comenta   14
Joám Evans Pim é um dos líderes do Partido da Terra. Um partido que procura “substituir este aparato estatal por outro” para construir institucionalidades alternativas para o “autogoverno assemblear comunitário e a autogestão”. Também rejeita a política do “quita-te-tu-que-me-ponho-eu, do não-nos-representavam-mas-agora-sim, e do bons-nós e maus-eles”.
  comenta   17
O presidente da Xunta di que reaccionou con “humor e educación”. Asegura que non hai que sacar conclusións “precipitadas” e que terán que ser a Policía e os xuíces os motivos da agresión ao presidente español.
  comenta   4
Membro da Marea de Pontevedra. Militante dunhas Mocidades Galeguistas extintas hai un século. Membro dun inexistente grupo de seareiros chamado Mocidade Galega. Estas son algunhas das mentiras publicadas sobre o agresor do presidente do Goberno. Rajoy, quen non o denunciará, recibe a solidariedade de todo o espectro político.
  comenta   6
A formación laranxa aproveitou o seu acto central en Santiago para elixir a Olga Louzao como voceira autonómica.
  comenta   1
Antón Gómez-Reino é o cabeza de lista de En Marea pola Coruña. Destacado militante de Podemos, Tone, ten claro que estes comicios supoñen un antes e un despois para a “vella política”. Está convencido que tanto as mareas como Podemos van encabezar un novo ciclo político no que espera que estean outras forzas como o BNG.
  comenta   29
“Desde Marea Pontevedra entendemos que o cambio vai o 20D das propostas e das sonrisas da xente”, indica tras algunhas informacións xornalísticas que relación ao mozo con esta formación.
  comenta   3
O rapaz acercouse ó presidente para facerse unha 'selfie' e aproveitou para dárlle unha labazada na cara que lle tirou os lentes. Varias persoas berraron “bravo, bravo!” tras o incidente e outros "presidente, presidente". O mozo foi detido. Vídeo no interior.
  comenta   16
Eladio Medel, foi un activo militante de Podemos en Ourense, e agora é o cabeza de lista de X A ESQUERDA, unha candidatura que pretende, tamén, mobilizar ao electorado de esquerda ante a “desregulación dos mercados”. Critica á formación morada, e tamén a parte de Anova, por, segundo di, “ter como obxectivo aniquilar ao BNG”.
  comenta   2
Esta xuíza, número un do PSOE por Pontevedra, destaca a necesidade de que tamén haxa maxistrados na política porque "teñen máis sentido da moderación e da equidade". Defende a Besteiro na lea que manteñen Conde-Punpido e a xuíza Pilar de Lara e aposta por pezas separadas nas grandes causas xudiciais como a Pokémon. Di que se mete na política porque a situación actual “é indignante”.
  comenta   3
Todos din que hai que agardar ata o 20D para coñecer os resultados, aínda que tentan sacar os aspectos positivos das distintas enquisas. O PP di que gaña, o PSdeG que hai moitos indecisos, En Marea que superarán aos socialistas e o BNG que están “españolizadas”.
  comenta   3
O veterano líder nacionalista inicia unha intensa xira electoral que o levará a percorrer todas as provincias galegas.
  comenta   19
O líder de Ciudadanos decide, finalmente, non acudir a Galicia tras cambiar, previamente e a última hora, un mitin que tiña previsto en Compostela.
  comenta   9
O cabeza de cartel de Nós Candidatura Galega critica nesta entrevista a suposta operación mediática para instaurar un “bipartidismo” ao cadrado no Estado. Carlos Callón tamén avalía as enquisas, a suba de Ciudadanos, as diferencias con En Marea e o comentado vídeo da cachucha. Se tivese que votar para escoller presidente, promete impedir que goberne o PP ou Ciudadanos.
  comenta   33
Nun comunicado interno insta a súa militancia a intensificar os seus esforzos para convencer aos galegos para superar a “ocultación mediática”. Presenta un recurso perante o plano de cobertura da TVG e Radio Galega desta campaña electoral.
  comenta   14
Trátase dun mecia Chachín Peza do Rei, a mesma adaga que xa chegou a mesa do presidente Barack Obama. Para Madrid marcharon entre 180 e 200 botellas que serán catadas por preto de 900 convidados.
  comenta   2
Miguel Lorenzo é o cabeza de lista do PP pola Coruña, unha provincia na que os populares perderon as tres principais alcaldías urbanas nas municipais. Con todo, Lorenzo está convencido de que estes comicios van ser diferentes e que os populares van recuperar o terreo perdido porque di que a xente xa é consciente da recuperación económica.
  comenta   5
O Comité de Empresa de Navantia acusa aos políticos de vender “fume” en campaña. Todas as forzas da oposición participan manifestación de Ferrol, onde tamén se fixeron sentir os produtores do leite.
  comenta   0
A número dous do PSdeG, Pilar Cancela, está convencida de que a causa aberta contra o seu líder en Gaicia vai quedar en nada, a pesr de que a xuíza de Lara seguirá investigando o chamado Caso Garañón. Tamén asegura contundente que Pedro Sánchez ten posiblidades de ser o vindeiro presidente e di non confiar nas enquisas que dan ao seu partido como segunda ou terceira forza.
  comenta   5
Os políticos buscan, en época electoral, o mellor xeito de chegar aos votantes. Ana Pastor deu unha volta en moto, mentres que o líder do PSdeG preferiu repartir propaganda electoral no mercado de Santiago.
  comenta   2
Nunha declaración institucional, a central obreira aposta por unha alternativa galega propia que defenda a soberanía nacional, "unha voz, como foi a do nacionalismo galego representado polo BNG". “Depende de nós e só de nós”, di.
  comenta   27
O alcalde de Lalín, membro da directiva de Compromiso por Galicia, recorreou o mercado da capital do Deza canda Carme Adán.
  comenta   4
Feijóo di que é "unha pena" que non se tramitase a proposta de populares e socialistas no Parlamento galego para reformar de novo o voto exterior.
  comenta   1
Di que lle “estraña” que os socialistas queden como terceira forza. “Sería unha sorpresa que tivera peor resultado que no 2009”, apunta. Evita falar de posibles pactos post-electorias con Podemos.
  comenta   1
O PP ampliaría a súa distancia fronte o PSOE a nivel estatal. No referido a Galicia, a enquisa deixa fóra das Cortes a Nós Candidatura Galega, dálle un par de escanos a En Marea, constata unha importante caída dos conservadores e unha lixeira baixada do PSdeG.
  comenta   14
Besteiro critica que dos "partidos emerxentes" caian nas trampas do PP para criticar a Pedro Sánchez.
  comenta   1
Martiño Noriega carga contra o intento de "gobernar desde a oposición" e anima a PP e PSOE a presentar unha moción de censura. Hernández e Reyes dinlle que ten que respectar o que diga o pleno porque non ten maioría.
  comenta   7
Centos de galegos viven na cidade onde comezaron as revolucións industrial e computacional. A 1.300 km. de distancia, ven estas eleccións xerais en España como a oportunidade para o cambio que lles permita volver a Galicia.
  comenta   7
Militantes e simpatizantes son os que se encargan de repartir propaganda electoral polas rúas de varias cidades.
  comenta   0