O secretario de Estado de Sanidade, Javier Padilla, lembra que a Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, xunto co Real Decreto 831/2010, de 25 de xuño, que a desenvolve, ten como obxectivo "protexer os dereitos fundamentais en materia de saúde sexual e reprodutiva"
  comenta   0
O tribunal considera que de pagarse este complemento por gardas estase a retribuír dúas veces o mesmo concepto, debido a que cobrou o subsidio de baixa ao 100 %, o cal inclúe a parte das gardas.
  comenta   0
A morte do Papa Francisco, abre moitos interrogantes para o futuro da Igrexa Católica. A súa estrutura piramidal de mando vive nun mundo lonxe das bases que son todos os crentes, e esa distancia impídelle conectar cunha sociedade viva que vai modelando cada pouco tempo a súa maneira de ver e de enfrontarse ós problemas que ten a humanidade. Esa realidade deixa ver unha igrexa que semella superada polo dinamismo dunha sociedade en continua evolución.
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Tamara González, investigadora da Universidade da Coruña (UDC) que nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre as mulleres espontaneadas no pasado de Galicia, mulleres que proclamaban publicamente que ían ter un fillo fóra do matrimonio para non ser acusadas de aborto ou infanticidio se o neno tiña a mala sorte de falecer nunha época na que a morte nos primeiros 8 días de vida era moi habitual.
  comenta   0
As comunidades autónomas deberán crear un rexistro "especialmente protexido" no que aparezan reflectidos os datos dos médicos obxectores ao aborto que interveñan directamente nun proceso de interrupción voluntaria do embarazo.
  comenta   0
Lembran que a Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo regula a obxección de conciencia e inclúe a elaboración de rexistros de obxectores na sanidade pública a cargo das Comunidades autónomas
  comenta   0
Así o denuncia o xinecólogo do Centro de Planificación Familiar de Vigo e presidente da Sociedade Galega de Contracepción (SOGAC), Javier Valdés-Pons, que está a atender, el só, como xinecólogo, a unha poboación de máis de 580.000 persoas.
  comenta   0
Os socialistas apuntan a un "déficit de información" a usuarias do sistema público de saúde e unha "excesiva derivación" de casos a centros privados.
  comenta   0
A loita contra a violencia machista e a discriminación salarial, entre as prioridades do escano galego na UE.
  comenta   0
A ministra de Sanidade, Mónica García, anunciou que o seu departamento presentará ás CCAA un protocolo, no marco do próximo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, para garantir que as mulleres poidan elixir onde exercer o seu dereito á interrupción voluntaria do embarazo (IVE), asegurando a equidade territorial.
  comenta   0
A secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, asegurou que lle "encantaría" blindar o dereito ao aborto na Constitución, pero considerou necesario ser "realista" tendo en conta que para iso é necesario un consenso parlamentario "moi amplo" e, na súa opinión, á dereita en España "fáltanlle algúns pasos" para chegar a ter a "altura moral da dereita en Francia".
  comenta   0