Os integrantes do Consello de Administración de Galaxia estarían próximos a elixir unha persoa que pode ser anunciada este mesmo venres. "Vai supoñer un peche da crise que vai deixar un bo sabor de boca", apuntan conselleiros da editorial tras a crise provocada pola dimisión de Francisco Castro.
  comenta   1
Que hai detrás dunha obra e da súa editorial?. Realmente autores e autoras galegas teñen problemas laborais?. Editores e autores desminten problemas serios. Galicia Confidencial continúa coa súa road movie na procura de respostas. "Os tempos das militancias xa pasaron e hai que ser moi profesionais", asegura Marilar Aleixandre. "Hai que ter un pacto, un acordo, con transparencia, para evitar problemas", di Quique Alvarellos.
  comenta   2
Faino tras unha grave polémica xurdida nas redes sociais na pasada semana entre autores e editores tal e como xa relatou Galicia Confidencial. Di que marcha ao non sentirse defendido polo presidente e conselleiro delegado, Antón Vidal. Denuncia que non se respecta a súa vida artística, persoal e política.
  comenta   1
Unha entrevista do escritor Alberto Ramos criticando o atraso dun contrato dunha obra publicada en Galaxia tras gañar o Premio Repsol desatou unha polémica nunca vista no mundo literario galego. Unha polémica alimentada por chíos e fíos en redes sociais na procura de adeptos. Galaxia non se pronuncia de xeito oficial e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Galega de Editores recoñecen dificultades no sector. Esta é a crónica da semana do maior "culebrón social media" literario-editorial de Galicia.
  comenta   1
Alberto Ramos (Compostela, 1986) co seu libro “A simetría das bestas” levou o XVIII premio “Risco” de Creación Literaria. Este último traballo do autor compostelán achégase á vida dunha muller da que di “sofre dúas sabotaxes da natureza”. Esta novela busca a interioridade dunha persoa que, ante todo, quere facer o posible para adaptarse a un mundo que sente coma unha selva, un lugar onde é necesario agocharse e disfrazarse para sentirse recibida e acollida fronte a indiferenza ou mesmo a agresividade do entorno e das persoas.
  comenta   0