Xa pasaron seis meses dende a obtención dunha nova maioría absoluta por parte do PP nas eleccións galegas. En condicións normais, este período de tempo non resultaría significativo á hora de tirar as primeiras conclusións sobre a situación derivada do resultado das urnas. Pero os precedentes que operan no caso galego (gobernos encabezados por Albor entre 1982 e 1987, por Fraga dende 1990 a 2005 e por Feijoo entre 2009 e 2022) inutilizan calquera hipotética alusión á "herdanza recibida" de cara a xulgar estes meses do executivo presidido por Alfonso Rueda. Os 43 anos de existencia do autogoberno galego poden ser catalogados como unha continuada hexemonía do PPdG só interrompida, brevemente, por dúas experiencias de gobernos de coalición (de 1987 a 1989 con PSdG, CG e PNG e de 2005 a 2009 co bipartito conformado polo PSdG e BNG).
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xurou o seu cargo ante o Estatuto de Autonomía cunha proclama: traballar polo "interese supremo" da comunidade que dirixe desde que en maio de 2022 converteuse en sexto presidente autonómico ao suceder a Alberto Núñez Feijóo. Non en balde, proclamou que "Galicia aspira a todo".
  comenta   1
O dirixente pontevedrés, quen en 2022 protagonizou a histórica substitución de Feijóo, abrirá unha nova etapa tras a vitoria nas urnas do 18F.
  comenta   0
Esixe aos seus máximo esforzo e "cero confianza" e advirte que Feijóo estará "moi presente" para evitar o "triunfo da Moncloa".
  comenta   0
O alcalde de Caldas puntualizou que se fose unha praga non só afectaría aos albergues senón que tamén aos domicilios dos veciños e recalcou que "non hai" ningunha denuncia sobre isto.
  comenta   0
A película 'O corno' de Jaione Camborda terá a súa estrea galega na sesión inaugural de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela, paso previo ás salas de cinema o 11 de outubro.
  comenta   0
José Manuel Romay Becaría, ex alto cargo franquista, fichou a Núñez Feijóo para a política. Se hoxe o líder do PP é o que é, é grazas a este político e avogado de Betanzos. Pero a relación entre os dous tampouco se entende sen o papel de Carmen Martín de Pozuelo, a sobriña de Romay, desde hai case 20 anos alta directiva da empresa Atos. Esta é a historia dun padriño político, dun afillado aventaxado e da sobriña empresaria.
  comenta   0