Os alcumes, alcuños, adeallos ou nomeadas foron a orixe dalgúns apelidos modernos, ademais de formaren parte do patrimonio inmaterial da nosa cultura. Co paso do tempo estas denominacións onomásticas foron evolucionando segundo os ritmos de vida da sociedade. Hoxe en día no ambiente urbano non é doado conservar os sobrenomes debido á mobilidade contextual. Só no medio rural e vilego se sente aínda a presenza do alcume como factor identificativo.
  comenta   0