Nun ano ou en ano e medio podería estar desenvolvido este dispositivo que axilizaría o diagnóstico e minimizaría a receita de antibióticos.
  comenta   0
Científicos da Universidade de Santiago seguen o rastro de restos de medicamentos nos bebedoiros de 118 granxas galegas. Os antibióticos son as substancias con maior presenza. Aínda que se atoparon en doses baixas, supoñen un potencial perigo para o gando, xa que "poden alterar a microbiota das vacas co desenvolvemento de resistencias bacterianas”.
  comenta   1
A bioseguridade, as resistencias aos antibióticos, o aproveitamento dos xurros, a gandería de precisión ou as liñas mestras da nova Política Agraria Común son os eixos das XVI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite que se celebran en Lugo.
O país non escapa da alerta mundial ante a perda de eficacia destes medicamentos polo uso abusivo. Un estudo feito en Galicia con farmacéuticos evidencia a gravidade deste problema ao constatar que a prescrición destas substancias sen receita médica "segue sendo unha práctica común". "O mundo está abocado a unha era post-antibióticos na que moitas infeccións comúns e lesións menores volverán ser potencialmente mortais", alerta a OMS.
  comenta   0