Critican o actual modelo indirecto, polo que unha mesma compañía privada leva explotando o servizo 50 anos. Por outro lado, Ciudadanos pide unha reforma do imposto de plusvalía municipal.
  comenta   0
A profesora María Cadaval ve que "a moda pasou" e advirte do "rumbo ideolóxico" fronte a calidade e custo, que é o que "debe primar".
  comenta   0
"En contra dalgunhas interpretacións interesadas, o Concello sempre considerou que era unha sentenza satisfactoria para os intereses municipais", sinala o alcalde Rafa Sisto. A empresa fala de "interpretacións ambiguas".
  comenta   0
Axentes de Vixiancia Aduaneira realizaron un operativo neste municipio gobernado polo BNG dentro da Operación Pokemon. Por outra banda, o TSXG confirma o procesamento da parlamentaria do PP, Soledad Piñeiro por presunta prevaricación.
  comenta   9
Miguel Anxo Fernández Lores está tranquilo tras o rexistro da sede do Concello de Pontevedra no marco da Operación Pokemon. "O alcalde de Pontevedra está encantado de que se investigue todo o que se teña que investigar", declarou Fernández Lores (BNG).
  comenta   5
A Operación Pokemon, unha verdadeira telenovela da loita contra a corrupción na política galega, dá un inesperado xiro. A xuíza mandou á Policía rexistrar onte o Concello de Pontevedra na busca de probas de trato de favor a Aquagest, hoxe rebautizada Viaqua e presunto centro da trama corruptora. No sumario figura unha estraña chamada do daquela responsábel das contas do Bloque ao delegado de Aquagest en Galicia, quen vía "moi cariñoso" ao alcalde. O Concello de Pontevedra promete a máxima colaboración coa Xustiza e critica a prolongación da investigación, que nos próximos días pode dar pé a máis rexistros en municipios.
  comenta   30