A CEMMA está traballando nun catálogo de fotoidentificación con máis de 70.000 imaxes tomadas nas dúas últimas décadas.
  comenta   0
As migracións rápidas de arroaces desde o sur de Galicia á Mariña asombran aos científicos tras unha investigación realizada por Cemma.
A poboación destes delfínidos en Galicia non está en risco polo momento, pero a CEMMA advirte de que a situación persistente de alta mortalidade pode converterse nunha serie ameaza.
  comenta   0
A historia de Gaspar é a historia do golfiño que costeaba Galicia de punta a punta e non quería deixar de navegar entre os barcos. A historia dun animal salvaxe que, procurando contacto humano, se topou cunha chea de amigos pero tamén cunha "lenda negra" que lle quixeron construír. Alfredo López, da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, conta para GC a historia de Gaspar. Porque "se hai un intruso no mar, somos nós".
  comenta   0
O exemplar viviu cando menos once anos en augas de Galicia. Agora, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños confirma a presenza deste arroaz no Alentejo portugués, a máis de 500 quilómetros das nosas costas. Ata o momento non se comprobara a viaxe dun arroaz tan ao sur.
  comenta   0
Científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) gravan unha femia residente en augas galegas canda a súa nova cría.
  comenta   0
Os científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute cualifican de "extremadamente raro" este caso. Tamén avistaron, entre outras especies, un exemplar de Dermochelys coriacea, a tartaruga máis grande do planeta. Vídeo e fotografía do BDRI.
  comenta   0
Investigadores do BDRI e da Cemma aportan luz á comunidade científica internacional ao documentar tres casos de ataques mortais de delfíns adultos a crías e a sorprendente loita dunha nai para salvar a súa, acontecidos nas rías de Muros, Arousa e Pontevedra. No mundo apenas se documentaron media ducia de casos similares.
  comenta   2
Un novo estudo de científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) e da Université Bordeaux confirma que as zonas de produción de mexillóns en Galicia son frecuentemente visitadas por estes golfiños.
  comenta   1
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños desenvolve un proxecto de monitorización destes cetáceos para cuantificar os exemplares e mandas, e descifrar o seu proceso de renovación poboacional.
  comenta   0
Os dous exemplares foron devoltos ó mar grazas a un amplo dispositivo coordinado pola CEMMA.
  comenta   0
Un estudo europeo no que participa a Cemma alerta dos altos niveis atopados deste axente químico en varias especies de cetáceos que ameazan a súa existencia.
  comenta   0