O goberno local pide á Administración autonómica medidas para evitar que se poidan repetir os incendios de outubro do ano pasado.
Medio Rural reivindica o labor feito para a recuperación dos espazos danados polo lume. O portavoz de En Marea, Luis Villares, denuncia "o abandono, incompetencia e a manipulaicón de Feijóo". A Asociación Forestal de Galicia alerta do serio risco de ‘selvatización’ dos montes queimados. Escolares de Gondomar presentan un vídeo da traxedia. Un estudo apunta que os galegos prefiren as especies autóctonas que o eucalipto.
  comenta   0
O alumnado do IES Terra de Turonio de Gondomar vén de elaborar un documental que recolle o impacto dos incendios, agora que se fai un ano dunha traxedia que asolou Vigo, As Neves, Gondomar, Baiona,Nigrán e outros concellos de toda Galicia.
O alcalde das Neves vén de publicar un vídeo no que valora o esforzo de pequenas iniciativas para “sacar adiante” o medio natural do concello e ao mesmo tempo denuncia o abandono da Xunta.
No lugar de Porto Maior, concello das Neves, descubríronse numerosas prezas grandes que serviron como ferramentas no Pleistoceno Medio. O estado de conservación é moi bo. Un equipo de investigación liderado polo Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana, datou este xacigo como o máis antigo con actividade humana en Galicia.
  comenta   2
As axudas prometidas pola Xunta tras a vaga de lumes non chegan á xente cando quedan quince días para que remate a ampliación do prazo. En Chandebrito os veciños van xa pola súa conta e abriron a súa propia oficina e realizaron un concerto benéfico para unha familia que está desprazada tras arderlle a casa. Afectados e concellos pídendelle ao Goberno galego que amplíe o tempo, que simplifique os requisitos de solicitude e que aumenten as contías.
  comenta   2
Alejandro Martínez, 50 anos, dirixe unha cooperativa de seis traballadores nas Neves. Un negocio que quedou seriamente danado logo da vaga de lumes do domingo negro. Perdeu 45 colmeas de mel con medallas de prata e bronce, cultivos ecolóxicos e unha edificación do século XIX que quería restaurar para instalar a súa cooperativa. “Hai que seguir para adiante. Xa choramos o que tiñamos que chorar. Seguiremos chorando, pero temos que tirar para adiante”, asegura. Esta é a súa historia.
  comenta   0
Xosé Manuel Rodríguez pide "non abandonar" aos afectados e rexeita que se condicionen as axudas á intencionalidade dos incendios. "os incendios ocorreron en gran medida porque non existe unha política forestal preventiva nin unha política de ordenación do territorio o suficientemente intelixente", apunta.
  comenta   17
Centos de voluntarios traballan nas zonas afectadas pola vaga de lumes, repartindo auga entre veciños, espallando comida para os animais e cubrindo con palla terreos calcinados para protexer o solo. A Xunta pide coordinación.
  comenta   9
Xosé Rodríguez Méndez denuncia que Movistar, de Telefónica, que é a que controla a rede, nin sequera responde as peticións para repoñer o servizo logo da vaga de lumes. Empresas e servizos públicos paralizados por carecer de liña telefónica. Vídeo coa entrevista no interior.
  comenta   3
Desde este municio piden axuda. Reclaman voluntarios, desde electricistas ata avogados e enxeñeiros para axudar nas tarefas de recuperación logo da vaga de lumes.
  comenta   0