Nas semanas anteriores á celebración da XVIII Asemblea Nacional do BNG todas as aparencias indicaban que estabamos diante dunha cita desprovista de tensións internas.
  comenta   0
No discurso de clausura da XVIII Asemblea Nacional que o BNG celebrou no Palacio de Congresos de Santiago, agradeceu a confianza para "seguir liderando o Bloque á beira de todas as persoas que a acompañan na nova Executiva Nacional, a única alternativa real fronte ao PP".
  comenta   8
Ademais, cun 3,5 % dos votos, terá un posto na Executiva a cabeza de lista da candidatura presentada polo colectivo 'Alicerce', o portavoz do Bloque no Concello de Mos, Gustasvo Barcia. Aínda que nun primeiro momento transcendeu que a lista de Noa Presas tería tres integrantes na Executiva, finalmente serán dous.
  comenta   1
Pontón, que integra a afíns e dirixentes da UPG, a pesar das críticas deste partido na última semana, enfróntase a Noa Présas, de 'En Movemento' e o edil independente Gustavo Barcia, de 'Alicerce'. A líder nacionalista reivindicou este domingo o seu liderado á fronte dun BNG "máis forte" no "organizativo", o "social" e o "electoral" e avisou á militancia de que "non hai nada máis revolucionario que chegar ao goberno".
  comenta   0
Ante as chamadas de atención da UPG, di que sempre traballou pola unidade de candidaturas e ábrese a pactar coas outras listas para a asemblea do BNG: "Ata o último momento a miña man está tendida".
  comenta   0
O partido maioritario do BNG manda dous grandes recados. A diferencia do acontecido na asemblea de Amio, aposta por unha candidatura unitaria parada dar a imaxe dun Bloque "unido". Tamén hai mensaxes cara Ana Pontón, mellor unha dinámica interna "máis colectiva e coral", que "presidencialista".
  comenta   9
"Somos compañeiros e compañeiras que podemos expresar cales son as nosas ideas. Eu entendo que despois do que vimos neste país, cun Feijóo que se vai designando a dedo quen é o seu sucesor e con prácticas antidemocráticas nas organizacións, pois se cadra as cousas non se entenden, pero no BNG, se algo temos, é un valor importante como é a democracia interna", insistiu a portavoz nacional do BNG.
  comenta   1
Noa Presas ve "absolutamente natural" que haxa máis candidaturas a liderar o BNG. A lista encabezada por Gustavo Barcia busca que se profunde en reforzar a participación da base militante, a igualdade e a diversidade, e o ecoloxismo.
  comenta   0
Noriega proclama o "retorno" da formación e dialogará en próximos meses co BNG para "buscar puntos de coincidencia" e ofrecer unha alternativa ao PP.
  comenta   0
A líder dos nacionalistas galegos lembrou que decidiu dar un "paso adiante" en 2016 para "abrir un tempo novo" no BNG e converter á formación na "gran esperanza" para miles de galegos
  comenta   1
O relatorio político que o BNG aprobará na súa Asemblea Nacional apela á formación a continuar acumulando forzas e a prepararse para asumir o liderado político e institucional do país, conscientes da "gran corrente de ilusión e simpatía" xerada ao redor da organización. "O nacionalismo non ten teito", recolle.
  comenta   2
A actual voceira nacional está respaldada pola UPG, cuxos principais cargos están na súa candidatura. Noa Presas está apoiada polo Movemento Arredista, e Gustavo Barcia integra un novo colectivo, sobre todo, con militantes da política local.
  comenta   0