Manuel García preside a Asociación Agarimos, herdeira da Plataforma de Afectados pola suba abusiva de tarifas na residencia e centro de día de Foz. Dise herdeira porque o actual equipo directivo da asociación estaba implicado de maneira activa na plataforma e chama á participación ás demais persoas implicadas na plataforma. Con esta nova personalidade xurídica buscan unha maior implicación sobre as decisións que se tomen arredor da residencia sobre todo no referente ás subas nos prezos das tarifas