O xoves universitario decorreu sen choques coa policía, nun ambiente de permisividade sobre o que foron florecendo escenas típicas da noite santiaguesa. Non sempre se viron máscaras, pero tampouco alcol, e o decorrer da festa deixou algún que outro xesto de ebrio civismo.
  comenta   0
Trala Asamblea Nacional do 2017, o Proceso Avante ficou lonxe de converterse nun acto de reflexión interna no seo do BNG. Concevín aquel proceso interno como a resposta á perda de peso do nacionalismo nas distintas institucións en favor de En Marea, posto que o BNG xa viña perdendo apoios na sociedade dende a época do Quintanismo; un feito éste que non inquietou á maioiría da por entonces Executiva Nacional, á vista da intención de convocar Asambleas Nacionais por delegadas en troques de militantes.
  comenta   0
Son 1, 2 millóns máis dos destinados en 2019. Precisamente, o concurso recollía a difusión do Entroido --xa pasado-- e da propia Semana Santa --para a que non hai consignas claras--. A estes cartos hai que sumarlles outros tres do Xacobeo e case dous da Secretaría Xeral de Medios en resolucións aprobadas nos últimos meses.
  comenta   0
Tras prometer o cargo "por imperativo legal", a nova alcaldesa lembrou o "espectáculo lamentable" ofrecido nos últimos días durante as negociacións a contrarreloxo entre as dúas 'sensibilidades' que conforman a lista de ACE e apelou a "deixar atrás os conflitos" na esquerda canguesa.