"Nin clarifica as funcións en canto á prevención e extinción de incendios forestais nin menciona as múltiples funcións desempeñadas en canto á xestión forestal", din desde Aprofaga.
  comenta   0
Os danos do xabaril no campo e en cultivos son parte dos feitos que expón a Xunta para que os cazadores poidan cazar porcos bravos durante todo o ano en 198 concellos galegos. Tamén se abre a posibilidade de abater femias e rellos. Axentes Ambientais e agrupacións ecoloxistas non ven unha solución práctica a esta decisión.
  comenta   4
"A investigación está baseada no método científico das evidencias físicas. Aquí a formación empezou na década dos 90 e agora nós impartímola aos demais compañeiros" defende o coordinador desta unidade, Carlos Magariños.
  comenta   0
Desde a Fundación Amigos de Galicia resaltaron a importancia das relacións interxeneracionais para construír unha sociedade máis xusta.
  comenta   0
Estes equipos tamén velarán polo cumprimento das medidas de confinamento e illamento social decretadas no estado de alarma. O investigador da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, foi nomeado presidente do comité de expertos da iniciativa 'Acción Matemática contra o Coronavirus
  comenta   1
Estes profesionais denuncian que a Xunta pretende duplicar as súas funcións para “enchufar” a un colectivo sen titulación como vixilantes de recursos naturais, desprezando o ciclo superior requerido agora.
  comenta   0
A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Ambientais de Galicia alerta de que o persoal laboral da categoría celador podería efectuar tarefas como vixiantes de recursos naturais no seu proceso de funcionarización.
  comenta   0
O presentador de 'Volando Voy' recoñece nun vídeo o labor destes axentes nos incendios en Galicia, tras unha avalancha de críticas por non darlles voz no seu programa en Cuatro co gallo do aniversario da vaga de lumes de hai un ano.
  comenta   1
Avalancha de críticas contra o presentador do programa de Cuatro 'Volando Voy' por "silenciar" a axentes e bombeiros forestais e o labor do 085, e por "distorsionar a realidade" e "mentir". Esixen que rectifique.
  comenta   3
Conseguen unha redución da xornada máxima anual, dos meses de garda e das quendas nocturnas, así como unha suba salarial progresiva.
  comenta   0
Os axentes forestais e medioambientais advirten ao Goberno galego de que tomarán as medidas legais que consideren oportunas se non rectifica a súa proposta sobre horarios, réxime de traballo e compensacións económicas.
  comenta   1
Axentes forestais tentaron sen éxito este mércores falar co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen participou na Cidade da Cultura no acto de presentación do Plan Básico Autonómico, acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.
  comenta   1
Aínda que de momento o 2018 non está dando os mesmos problemas de incendios en intensidade como en 2017, os prognósticos incertos , fixeron que aXunta ampliase o período de alto risco en canto incendios incluindo o mes de outubro. Iso a pesar dunha folga de axentes medioambientais e forestais que nestes momentos cumpren uns servizos mínimos do 100%.
  comenta   0
A Consellería de Medio Ambiente terá que comparecer este mércores, día 29, ás 09,30 horas, por supostos incumprimentos en materia de protección e seguridade, segundo informa a CIG.
  comenta   0
Centos de persoas manifestaronse polas rúas da cidade. Os axentes forestais de Galicia, en folga indefinida desde o día 1 de agosto, denuncian que sofren uns “servicios mínimos” do 100%.
A asociación APROPIGA fai un chamamento aos bombeiros forestais do SPDCIF para acudir á manifestación convocada para este mércores.
  comenta   0
Ambos os sindicatos lamentan que só houbo "pinceladas" e ven "totalmente insuficiente" a proposta, que Facenda expón como "a última".
  comenta   0
Os sindicatos que representan aos axentes forestais e ambientais de Galicia volverán reunirse o vindeiro luns co director xeral de Función Pública, dependente da Consellería de Facenda, para negociar un novo acordo laboral.
  comenta   0
A súa intención é continuar coa folga indefinida no Medio Rural "até atopar solución para garantir a seguridade dos compañeiros de medio ambiente".
  comenta   0
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, cualifica de "inexistente" á folga pero ofrece "diálogo" por parte da Xunta.
  comenta   0
Os axentes forestais e ambientais de Galicia agardan que a Administración autonómica lles mande unha nova proposta de acordo laboral, sen expectativas de que se produza nesta xornada.
  comenta   0
Nos meses de verán Galicia mira con preocupación cara aos seus montes: é a época de maior risco de incendios forestais. Detrás deles, hai moitas cuestións de fondo que aínda hoxe non teñen unha solución clara. O GC fala con Moncho Díaz, un axente forestal que leva 25 anos no oficio, e con Juan Picos, especializado na silvicultura, para debullar algunhas das chaves do problema dos lumes.
  comenta   3
Os traballadores esperan recibir este mércores unha proposta da Xunta que contemple algunhas das medidas suxeridas polos sindicatos.
  comenta   0
O colectivo xa secundou dous días de paro a semana pasada en contra da proposta da Xunta, que "empeora" o actual acordo laboral.
  comenta   0
Os sindicatos CIG e UXT, en representación de axentes forestais e ambientais que este mércores e este xoves están chamados a unha folga para reclamar mellores condicións laborais, enviaron senllos escritos aos grupos parlamentarios e a organizacións do ámbito forestal para tratar de solicitar o seu apoio.
  comenta   0
A Consellería de Medio Rural expresou que espera que "impere a sensatez", xa que de non ser así os galegos "non o entenderían" en plena campaña de alto risco contra os incendios forestais.
  comenta   0
A Xunta e este colectivo negocian este martes, despois de que CIG e UGT preavisasen do paro do 25 ao 27, indefinido desde o 1 de agosto.
  comenta   0
Farano se non se renova o acordo forestal. Convocarán paros os días 25 e 26 de xullo, en plena campaña de alto risco de incendios.
  comenta   0
Os axentes forestais e ambientais de Galicia farán folga os próximos 25 e 26 de xullo, en plena campaña de alto risco de incendios, para esixir que a Xunta chegue con eles a un acordo de renovación das súas condicións laborais, "caducas e obsoletas" desde hai anos.
  comenta   0
Ángeles Vázquez ofrece "diálogo", pero avisa de que "se pode chegar ata onde se pode chegar". Galicia, di, está "preparada" para o alto risco de incendios, e a Xunta entrega 36 todoterreos e 560 'tablets' a efectivos
  comenta   0
Denuncian que a Consellería propoña que o persoal realice 192 horas ao mes durante seis meses, o que "imposibilita a conciliación familiar e laboral".
  comenta   0
Denuncian que o Goberno galego lles obriga a realizar seis meses de traballo en quendas de 12 horas diarias e máis de 2.000 horas anuais. O colectivo rexeita a proposta da Administración porque a considera “miserable".
  comenta   0
Rexeitan a proposta que trasladou a Xunta, que "empeora máis se cabe" a súa situación "coa escusa da urxencia" das franxas de seguridade, denuncian.
  comenta   0
Os representantes dos traballadores acuden á xustiza para que a Xunta cumpra o Acordo asinado cos axentes forestais que leva pendente desde o ano 2016.
  comenta   0
UXT e CIG ameazan co paro indefinido na campaña de alto risco, o que deixaría á Xunta "sen directores de extinción", ante os "incumprimentos" do Goberno galego sobre seguridade e saúde dos traballadores, e sobre a formación, horarios e soldo.
  comenta   3
Denuncian sobre todo o estado lamentable do parque móbil. Levaron á Xunta de Galicia ante a Inspección de Traballo que apercibiu ás Consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da polos incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais.
  comenta   0
Hai "mal rollo" con Policía e Garda Civil porque "minusvaloran" aos forestais e trátanos como ao "can" na caza. Ademais diso, os axentes forestais din que son eles quen mercan as cámaras para vixilar.
  comenta   0
Este colectivo segue os pasos dos compañeiros da Xustiza, en folga indefinida, e pide ao Goberno que sente a negociar para actualizar un "acordo de condicións de traballo caducado e totalmente obsoleto".
  comenta   1