O relevo de Rosa Quintana por Alfonso Villares no departamento de Mar trae tamén a incógnita de que pasará co servizo de Gardacostas, sobre todo cos helicópteros de rescate, Pesca 1 e Pesca 2. Haberá por fin unha substitución dos mesmos por modelos máis capaces e modernos? Haberá máis transparencia no momento de sacar a concurso os novos contratos?
  comenta   0
A contratación de novos helicópteros de rescate por parte da Xunta de Galicia levantou polémica no Parlamento. Os grupos parlamentarios pediron unha investigación por “incumprimentos” da empresa Avincis, substituta da antiga operadora Babcock. Un dos presuntos incumprimentos sería a non incorporación dos modelos Leonardo AW-139 que substituirían os actuais Sikorsky S-76C+.
  comenta   0
A folga está convocada polo persoal de helicópteros antincendios e salvamento que traballan para a Xunta e que se prolonga durante o verán.
  comenta   0
Os tres grupos da Cámara galega aprobaron unha iniciativa na Cámara para que se investigue o que está pasando en Babcock International/Avincis, empresa que xestiona o servizo de Salvamento marítimo de Galicia e o de loitra contra incendios, entre outros. Hai uns meses, a empresa pasou ao fondo de investimentos Ancala Partners que tamén controla case o 50% da filial de enerxías renovables de Ence.
  comenta   0
Ancala Partners formalizou a compra de Bacock Internacional, que controla os avións de loita contra os lumes e ademais era un dos socios estratéxicos da Xunta no polo aeroespacial de Rozas.
  comenta   0
A iniciativa, chamada 'Civil UAVs Iniatitive', segundo detallou Airbus nun comunicado, é unha "iniciativa estratéxica pioneira en Europa" que ten como obxectivo atraer investimentos no sector aeroespacial e desenvolver a industria de sistemas e de vehículos non tripulados.
  comenta   0
A formación nacionalista lembra que os sindicatos levan "anos denunciando" que as aeronaves fóra de servizo sen se substituídas, polo que no caso de presentarse unha emerxencia, os recursos estarían reducidos ou serían "inexistentes".
  comenta   0
Mar di que están "vixiantes" co contrato e que "o único que poden facer é esixir á empresa que repoña a situación canto antes", tras a semana que o 'Pesca 2' estivo avariado.
  comenta   0
Medio Rural exclúe á polémica Babcock do novo concurso para contratar dous helicópteros e unha brigada aerotransportada a unha nova compañía, Airworks Helicopters, SL. Un concurso, que como nos anteriores, é duro en canto ás condicións laborais. Non se esixe unha preparación específica aos membros destas brigadas especializadas pero deberán ter un horario de case doce horas diarias.
  comenta   0
A extinción de incendios é un negocio ao que queren acceder moitas empresas. Hai moito en xogo e algunhas destas grandes empresas poderían ter pactado un reparto de territorios por medio de negociacións pouco claras. Algúns xulgados inhibíronse ante Audiencia Nacional por denuncias relativas a supostas manobras nos contratos do lume. Galicia non é un terreo á parte.
  comenta   0
Accións inesplicables como utilizar bases públicas para labores que deberan facerse en propiedades privadas. Helicópteros descartados pola súa perigosidade noutras zonas que destinan a Galicia. Procedementos que evitan publicidade para a contratación de aeronaves. Moitos puntos sobre un negocio arredor do lume. Galicia Confidencial analiza algúns deles.
  comenta   0
A capital galega acollerá o 27 de xuño o III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia.
  comenta   0
Babcock, a concesionaria de moitos servizos de helicópteros da Xunta, apunta un mercado competitivo como elemento condicionador para querer aplicar recortes. Mentres a administración galega segue fornecendo con licitacións e diñeiro público unha empresa que, segundo algúns traballadores, só pensa no beneficio e pouco nun servizo de calidade.
  comenta   0
Lembrou que os pilotos, que realizan labores de salvamento marítimo e loita contra o lume en Galicia, denunciaron o seu convenio colectivo, pero "a multinacional está a presionar para empeorar as condicións laborais e precarizar aínda máis" a súa situación.
  comenta   0