Francisco Bello, presidente da Asociación Agraria de Galicia (Asaga), asegura que as que poden ter máis problema son as árbores froiteiras, aínda que as vides tamén comezaron a ter movemento antes de tempo. Nuria, de Viveiro Corema, pertencente á Asociación de Cultivos do Baixo Miño (Acubam), tamén fai referencia ás froiteiras e afirma que no caso das plantas ornamentais xa hai algunhas, como o 'lectospermum scoparium', que floreceron antes de tempo.
  comenta   0
CIG Saúde reclama máis persoal e contratos "estables e dignos". O paro terá lugar do 21 ao 24 de decembro.
A solicitude foi rexeitada porque a empresa non acreditou o permiso de acceso á rede de transporte e distribución.
O vento porá en alerta este martes á costa da Coruña e as altas temperaturas ao Baixo Miño e Ourense.
  comenta   0
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil realizou mostraxes nas que se rexistran valores de alta concentración de lindano nas augas subterráneas.
A fin da tempada de risco manda ó desemprego un centenar de efectivos, segundo o sector. Bombeiros do Baixo Miño diríxense á Xunta para esixirlle un corpo máis dotado e menos “precario”.
Un grupo de investigadores critica o traballo liderado por un científico da Universidade de Vigo por “numerosos erros” e acúsano de usar de xeito “incorrecto” os estudos que fixeron antes que el.
  comenta   0
As temperaturas serán superiores aos 34 grados na área litoral de Pontevedra e Baixo Miño e na Costa da Morte o vento do nordés será de forza sete.
  comenta   0
A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Cultivos de Baixo Miño (Acubam) porán en marcha unha campaña para impulsar o sector.
O presidente da Xunta critica ao Executivo de Sánchez por non ter aínda un calendario para a desescalada, pero di que no caso galego haberá que agardar aos estudos epidemiolóxicos para saber como actuar se, por exemplo, hai xente do Baixo Miño que traballa en Vigo, ou rapazada da Terra Chá que estuda en Lugo.
  comenta   4
Para un vial cunha velocidade media de 100km/h expropiaranse 1.000 fincas, afectará a case 20.000 metros cadrados de viñedo, máis de 2.000 de ríos e 6.000 de carballeiras. Pasará moi preto do instituto, da área deportiva e do centro de saúde de Tomiño e tamén da Aurora do Porvenir, unha escola indiana que é unha icona no concello e da que foi profesor o republicano Antón Alonso Ríos. Os veciños piden a paralización desta obra, a Xunta di que é a mellor opción e o concello, do BNG, cala.
CC.OO. sinala que no servizo de Vigo e do Baixo Miño traballan un cento de mulleres ás que a muta lles nega o risco no seu traballo que lles pode provocar complicacións no embarazo.
A Asociación Forestal de Galicia e as comunidades de montes pídenlle á Xunta un plan de apoio á silvicultura para afrontar os custos que supón esta situación.
Cata, niñún, faer, traio ou truita… Son algunhas das particularidades lingüísticas do Baixo Miño. A rapazada do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño recolle o peculiar xeito de falar dos tomiñeses nun vídeo.
As precipitacións deixarán máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas. As zonas máis afectadas son o interior da provincia e o Baixo Miño
  comenta   0
Investigadores do Campus de Lugo procuran un método para facer rendible a castañal, especialmente vulnerable a enfermidade do oídio.
Viñas e Terras do Pazo pon en marcha un grupo operativo no que colaboran a Universidade de Santiago, o Centro Tecnolóxico da Carne e Grupo Eco3g Consultores para a recuperación desta variedade tradicional do Baixo Miño.
  comenta   0