O rorcual común é a balea máis frecuente nas costas galegas, é a máis grande que existe despois da balea azul e caracterízase pola súa aleta e por medir entre 24 e 25 metros de lonxitude, indicou o presidente do Cemma e veterinario, Xabier Pin.
  comenta   0
Expertos denuncian o acoso que sofren estas especies: "O sorriso dun golfiño non representa a súa alegría, o que se ve é o seu sufrimento"
  comenta   0
Nun vídeo subido por Alberto Vilas vese como estes exemplares están a poucas millas da costa de Malpica, un suceso moi pouco habitual
Alfredo López, científico da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), explica que as alteracións climáticas mundiais afectaron "ás súas zonas de pasto, que están deixando de existir", por iso as baleas "vense obrigadas a buscar outras zonas que non son tan boas para elas, pero onde poden atopar comida".
  comenta   0
Son datos recompilados durante un estudo do investigador Youri van dean Hurk, das universidades de Trondheim e Groningen (Países Baixos), no que colaborou a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños. Trátase, segundo esta entidade, do "maior estudo de zooarqueoloxía de baleas en Europa", xa que empregou 719 mostras (68 de Galicia) desde o 3.500 antes de Cristo e ata o século XVIII, procedentes de 12 países.
  comenta   0
A navieira Mar de Ons foi a encargada de avisar deste último avistamento producido o martes 8 de agosto préto da Praia de Rodas.