A sentenza explica os graves "riscos engadidos á compra de accións polo feito de adquirilas nunha situación concreta e determinada da que non se informou debidamente ao consumidor".
  comenta   1
Roberto Higuera, quen fora 'man dereita' do expresidente Ángel Ron, está investigado na peza do 'caso Popular' que investiga presuntos delitos de falsidade nas contas e administración desleal, entre outros.
  comenta   0
A día de hoxe son algo máis de duascentas persoas as afectadas polo ERE do Banco Santander en Galicia. Algúns son colectivos moi sensibles; os que están por baixo dos 45 anos aos quen non se lles aplica algúns aspectos do ERE e os de entre 50 a 55 anos por non estaren tan cubertos como os maiores de 55.
  comenta   0
O Banco Pastor, unha entidade case que emblemática para Galicia, desapareceu logo da absorción do seu dono, Banco Popular, polo Santander. A entidade de Ana Botín di que, día de hoxe, o ERE que se aplica afecta a todo o persoal. Pero traballadores galegos aseguran que non é certo e que os máis prexudicados son os do antigo Pastor. Esta é a crónica dos efectos laborais que ten a desaparición dunha das entidades bancarias que foi referente en Galicia.
  comenta   2
A sentenza sinala que "a situación de insolvencia da entidade económica foi ocultada aos clientes mediante a aparencia dunha óptima situación económica".
  comenta   0
O Grupo Santander obtivo un beneficio atribuído de 3.231 millóns de euros durante o primeiro semestre deste ano, o que supón un 14% menos respecto ao mesmo período de 2018.
  comenta   0
Esta fundación, depenente do Banco Pastor, logo do Banco Popular, e agora do Santander, anunciou que cede parte da súa transferencia científica.
  comenta   1
Culmina a reordenación do negocio de bancaseguros, xestión de activos e plans de pensións en España tras a adquisición de Popular.
  comenta   0
A xuíza entende que o Banco Popular ofreceu "unha información parcial" sobre a súa solvencia co fin de captar clientela para a operación de aumento de capital.
  comenta   0
A declaración dos investigados estaba prevista para o próximo mes de setembro, pero Carlos Aguilar, Gabriel Castro, Helena Prieto, Ignacio Ayala, Rafael Alcázar e Enrique Molina, avogados intervenientes neste proceso, trasladaron ao Xulgado a súa incompatibilidade ante a súa actuación profesional no xuízo de Bankia.
  comenta   0
Pide en inglés que se remita a mesma queixa en catalán, euskera, español, inglés, alemán ou francés.
  comenta   1
Trátase de dous transportistas de Arzúa e os familiares directos deles, tras investir na emisión de valores de 2016 do Banco Popular, adquirido polo Santander.
  comenta   0
A entidade deixou de existir xuridicamente, pero segue sendo protagonista de diversos procedementos xudiciais tras ser mercado por Banco Santander. Case 3.500 traballadores están xa nun Expediente de Regulación de Emprego.
  comenta   0
UGT denuncia que as entidades financeiras deixaron de ser un servizo á sociedade "para converterse en exclusiva nun servizo para aqueles que teñen capacidade de investimento".
  comenta   0
Os investigados, entre os que se atopan Ángel Ron e Emilio Saracho como ex-presidentes de Banco Popular, así como máis dunha trintena de nomes vinculados á entidade, serán chamados a declarar xusto despois de verán.
  comenta   0
A entidade inicia o Expediente de Regulación de Emprego polas duplicidades na rede de oficinas tras a adquisición de Banco Popular.
  comenta   0
Ana Botín apunta a existencia de "conflitos" entre os sistemas operativos e administrativos e os sistemas de xestión de riscos de ambos bancos.
  comenta   0
O desexable "sería que dita agrupación se realizase de forma voluntaria polos propios prexudicados sen que, en ningún caso, o resultado final fose superior a dez representacións" di o xuíz.
  comenta   0
Santander apunta que o auto do xuíz obvia a resolución de Popular acordada polos poderes públicos e vulnera os principios de personalidade das penas e de culpabilidade.
  comenta   0
O banco reaccionaba á decisión do titular do Xulgado Central de Instrución número 6 da Audiencia Nacional, José Luís Calama Teixeira, de rexeitar o recurso presentado pola entidade cántabra contra a súa imputación.
  comenta   0
A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) quere "ampliar" a súa acción e presentarse como acusación particular, posto que desta forma terían "a capacidade para negociar as indemnizacións".
  comenta   0
O banqueiro galego tacha de falso o expediente e resérvase o uso de todas as accións legais posibles no caso de que o supervisor non rectifique.
  comenta   0
A absorción do Banco Pastor polo Banco Santander acabou coa historia dun banco creado na Coruña había máis de douscentos anos. Un ano despois comezaron os rumores dun ERE sobre as oficinas do Santander, incluíndo as que foran do Pastor.
  comenta   2
Banco Santander completa a absorción de Popular e o Pastor desaparece como entidade xurídica. A fusión tecnolóxica avanza segundo o calendario previsto.
  comenta   0
Unha vez finalizada a fase de integración xurídica, que se prevé que termine despois de verán, Santander iniciará a integración informática de forma gradual.
  comenta   1
O xulgado de primeira instancia de Vigo número 1 anulou unha compra de accións correspondente á ampliación de capital de 2016 do Banco Popular.
  comenta   0
Para a Xunta é unha "prioridade" o mantemento dos postos de traballo na comunidade, segundo subliña a Consellería de Economía.
  comenta   1
O período de adscrición voluntaria ao Expediente de Regulación de Emprego permanecerá aberto até o próximo 31 de xaneiro.
  comenta   1
A integración dos servizos centrais contempla saídas en ambas as entidades, pero a da rede comercial non se abordará até 2019.
  comenta   0
Os grupos apoian compensacións para os pequenos accionistas, solicitan a continuidade da Fundación Barrié e reclaman unha investigación das ampliacións de capital e emisións de accións.
  comenta   0
Os nacionalistas reclaman que Feijóo dea explicacións na Cámara e asuma "responsabilidades" de "liquidar o sistema financeiro galego".
  comenta   0
A OCU, que os representa, cre que o expresidente Ángel Ron e outros directivos son os "responsables do afundimento" porque as contas "non eran reais".
  comenta   0
A Xunta realizará un informe a petición da Cámara galega. Puy asegura que a desaparición do Popular-Pastor é "unha das peores noticias para Galicia nos últimos tempos".
  comenta   3
O Banco Popular -propietario do Banco Pastor, o segundo máis importante en Galicia- deixa acceder aos seus datos máis sensíbeis ás dúas entidades que mostraron interés en acudir a compra ou fusión.
  comenta   0
Terremoto no sector financeiro pola decisión da Xustiza europea para que se devolvan todas as cláusulas chan das hipotecas. O Foro Económico de Galicia alerta de novas fusións ante o impacto na conta de resultados das entidades. Entre todos os bancos deben devolver uns 4.000 millóns, dos que máis de 600 lle tocan ao renqueante Banco Popular, matriz do Pastor.
  comenta   5
Despois desta terceira mobilización prevén outras tres nos próximos días e non descartan outras medidas, como paros parciais e folgas.
  comenta   0
O banco reafirma a súa "pretensión" de acordar cos sindicatos o plan de axuste. En Galicia hai 1.800 traballadadores e 259 oficinas.
  comenta   1
Ausbanc di que este cambio podería supoñer perdas dun 81% do valor adquirido xa que o banco venderaos a 3,33 euros, cando foron adquiridos a 17,61.
  comenta   1