Eduardo Hermida, promotor do proxecto artístico 'As Meninas de Canido', fala con Galicia Confidencial sobre a aparición neste barrio ferrolán dun graffiti asinado supostamente polo enigmático e famoso Banksy. Mentres agarda que se resolva o misterio, recoñece que ninguén do Concello contactou con el e pídelle que adopte medidas de protección para esta obra.