O exemplar identificado en outubro polo BDRI chegou a Galicia dende as Azores, tras percorrer uns 2.000 quilómetros en menos de tres meses.
  comenta   0
Os científicos do BDRI fan outro avistamento dun exemplar de balea azul, o cuarto en augas galegas nun mes e medio. Tamén identificaron especies de baleas nunca antes vistas aquí, algunhas delas en perigo de extinción. O biólogo Bruno Díaz celebra que "Galicia está a converterse nun 'restaurante de moda' para estes xigantes". Os científicos falan de "situación case única no mundo".
  comenta   1
Un equipo do Bottlenose Dolphin Research Institute acompañou durante varias horas este exemplar de Balaenoptera musculus, avistado a entre seis e oito millas de Corrubedo. Trátase da terceira balea azul identificada en augas galegas en poucas semanas.
  comenta   0
O exemplar, duns 25 metros de lonxitude, foi identificado preto de Corrubedo por un equipo do Bottlenose Dolphin Research Institute, que xa avistara outro diferente o 20 de setembro pasado preto de Ons. Estes dous súmanse a outra balea azul que fora identifcada doce días antes na ría de Muros e Noia.
  comenta   0
Os científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute cualifican de "extremadamente raro" este caso. Tamén avistaron, entre outras especies, un exemplar de Dermochelys coriacea, a tartaruga máis grande do planeta. Vídeo e fotografía do BDRI.
  comenta   0
Bruno Díaz, director do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con base no Grove, explica a GC a importancia científica dos recentes avistamentos en augas galegas de dous exemplares de balea azul, o animal máis grande do mundo, en perigo de extinción. Vídeo e fotos cedidos polo BDRI.
  comenta   0
O Bottlenose Dolphin Research Institute publica imaxes dun exemplar de Balaenoptera musculus de 24 metros en augas de Galicia. O director do centro recoñece a GC que se trata dunha "bomba científica" e salienta que Galicia se sitúa no "mapa mundial dende o punto de vista da conservación de especies tan simbólicas coma esta", en perigo de extinción.
  comenta   0
Investigadores do BDRI e da Cemma aportan luz á comunidade científica internacional ao documentar tres casos de ataques mortais de delfíns adultos a crías e a sorprendente loita dunha nai para salvar a súa, acontecidos nas rías de Muros, Arousa e Pontevedra. No mundo apenas se documentaron media ducia de casos similares.
  comenta   2
O director do Bottlenose Dolphin Research Institute, no Grove, é o responsable dun estudo internacional realizado no Golfo Pérsico sobre esta especie, en perigo de extinción. Os científicos calculan que a poboación atopada na costa de Abu Dhabi é duns 701 exemplares, a maior documentada en todo o planeta.
  comenta   0
Un novo estudo de científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) e da Université Bordeaux confirma que as zonas de produción de mexillóns en Galicia son frecuentemente visitadas por estes golfiños.
  comenta   1