O Ministerio de Defensa asinou na tarde deste martes o contrato con Navantia para a construción de cinco fragatas da serie F-110. Robles destaca que se adianta a rúbrica tras "un esforzo importante" fronte aos "atrasos" do Goberno do PP.
  comenta   0
Sestayo ten previsto presentar de maneira "inminente" a súa dimisión como concelleira do Concello de Ferrol, onde é ademais portavoz do grupo municipal do PSOE.
  comenta   0
A dirección galega e a provincial estudarán unha solución para Ourense tras a renuncia de Barquero como candidato.
  comenta   0
Á secretaria xeral do PSOE de Ferrol non lle "consta" a posible renuncia de Anxo Mato por mor deste cambio na lista electoral, tras ameazar con iso no comité provincial se se modificaba a súa proposta.
  comenta   0
A asemblea tamén mostrou o seu apoio a militantes doutras agrupacións, como Pilar Cancela, Pablo Arangüena e Montse García Echevarría de cara ao proceso de configuración das listas.
  comenta   0
A non presencia en sede xudicial dalgunhas testemuñas achegadas pola defensa motivou o adiamento. A secretaria xeral do PSdG en Ferrol calificara o xuíz de "machista" nun comentario en Facebook.
  comenta   0
Líderes socialistas alertan de que as agrupacións de tres das principais cidades galegas poden rematar enfrontadas e divididas de cara ás municipais. Apostan polo modelo de integración acadado en Santiago en torno á figura de Xosé Sánchez Bugallo e confían en volver coller músculo institucional para superar ás mareas.
  comenta   5
Rexeita o recurso do senador Ángel Mato, que presentou a súa precandidatura ás primarias para ser aspirante á Alcaldía.
  comenta   0
Di que o candidato será elixido en primarias. Ela continuará como secretaria xeral do partido e como portavoz municipal até as próximas eleccións
  comenta   2
Subliña que só se "aclarou" unha votación sen que iso signifique apoiar unha candidatura e dá o seu apoio á dirección de Lugo no conflito con Manuel Martínez.
  comenta   0
Jorge Suárez abre a porta a non repetir como candidato de Ferrol en Común en 2019 e di que a decisión final reflexionaraa coa súa familia. Acusa a Cerna e outras formacións de "enturbar" o proceso inicial de En Marea.
  comenta   2
O presidente da Deputación da Coruña e novo secretario provincial do PSdeG ten claro que o obxectivo para que o seu partido recupere a "ilusión" é presentar equipos novos e renovados nas tres grandes cidades da provincia. Destaca nesta entrevista que a súa relación con Gonzalo Caballero "é boa e fluída" e tamén aspira a volver a gobernar a institución provincial co BNG. "Das mareas só podo dicir; grazas, grazas e grazas", di polo apoio "xeneroso" no goberno provincial.
  comenta   15
A candidatura de Ángel Mato presenta recurso ao PSOE por irregularidades na asemblea local que a ex tenente alcalde gañou por un só voto.
  comenta   5
Beatriz Sestayo impúxose por un só voto nunha das batallas máis duras que se lembra polo poder local do PSdeG. Os críticos anuncian que impugnarán o proceso.
  comenta   1
Impúxose á candidatura do senador Ángel Mato. A secretaria xeral asegura que "o partido non queda fracturado" e aposta por "traballar todos unidos para liderar o proxecto de esquerdas desta cidade".
  comenta   0
A dirixente socialista acusa ás concelleiras expulsadas do PSOE de Ferrol de "vender os votos do PSOE a cambio duns cargos".
  comenta   0
Duas edís socialistas continúan no goberno local, mentres que a ex tenente de alcalde, Beatriz Sestayo, advirtelles que teñen que "acatar" a decisión da Executiva local. Algúns dirixentes, como Mar Barcon, piden xa que se rompa toda relación coas mareas. A decisión final queda en mans da dirección galega e provincial do PSdeG.
  comenta   4
Ferrol en Común queda só con seis concelleiros, aínda que as dúas edís críticas socialistas poderían tamén permanecer no executivo local tras a crise das últimas semanas.
  comenta   7
O alcalde de Ferrol retira as competencias máis importantes a Beatriz Sestayo e aos seus concelleiros máis próximos e mantén o seu apoio ás dúas edís socialistas críticas. Anuncia que falará co BNG para buscar algún tipo de colaboración.
  comenta   0
Suárez recoñece “complicacións” co PSOE e di que os problemas cos socialistas "teñen que ver máis coa comunicación que coas decisións".
  comenta   0
Na web municipal figuran todos os contratos formalizados desde xuño do 2015. Ferrol en Común e o PSdeG aínda teñen pendente aprobar a Lei de Publicidade Institucional.
  comenta   1
A tenente alcalde Beatriz Sestayo defende o "equilibrio" do seu concello e lembra que Caballero non se referiu a esta cidade nas súas críticas aos alcaldes das mareas.
  comenta   2
Beatriz Sestayo pon o seu cargo a disposición da Executiva socialista de Ferrol, que non acepta a súa dimisión. División entre os concelleiros sobre a política municipal.
  comenta   2
Di que tivo que agardar durante “28 horas” para ser traspasada a unha cama. “Ao meu carón había enfermos con diferentes patoloxías, algúns moi graves e outros mesmo chorando", denunciou.
  comenta   2
"Hai moitísimos compañeiros que serían válidos para unhas primarias", asegura a número dous do Concello de Ferrol.
  comenta   0