José Manuel Cea e María Soledad Cea, xunto coas súas fillas, levan toda a vida vivindo do gando nunha zona que será arrasada polo macrocelusosa de Altri. Confían en que isto non se sexa unha realidade "xa que é un despropósito" e alzan a voz xunto ao resto de veciños da zona.
  comenta   10
Dende a Asociación Canina do Grove (Acadog), levan máis de dous anos loitando por ter un espazo no que, tamén no verán, os cans poidan correr. "Ata o can máis pequeniño, precisa estar solto", asegura a súa presidenta, María Ferreiro, que tamén lamenta que, ao ser unha vila pequena, moitos donos aínda teñen a mentalidade de ter ao can atado na horta.
  comenta   0
Dende a asociación CanCoruña, a que conseguiu o primeiro parque canino da cidade aló polo ano 2004, aseguran que "aínda quedan cousas por facer", aínda que, afortunadamente, vanse dando pasiños, tamén no que respecta á "concienciación da cidadanía" sobre o que implica ter un can e a responsabilidade de coidalo.
  comenta   0
Abriría a porta a localizar e sancionar a eses donos que non recollen as deposicións das súas mascotas nas vías públicas.
  comenta   0
Un informe do Foro Económico de Galicia apunta á fortaleza do sector cárnico galego, con potencial de crecemento na produción prémium, pero avisa de varias "materias pendentes" por falta de substitución xeracional, aumento de tamaño de explotacións e profesionalización.
  comenta   0
É dentro da iniciativa "O Nadal con máis estrelas", de Coren. Para cubrir as necesidades de ofrecer estes produtos no mercado contratarán a unhas 200 persoas.
  comenta   0
No marco do Día Internacional dos Dereitos dos Animais (10D), a Fundación Franz Weber (FFW) reivindicou que o Código galego é un espazo "apropiado" para considerar aos animais como "parte da sociedade".
  comenta   0
Manuel Calvo, xerente da empresa Spartana Control Services S.L. e propietario dunha agrotenda asegura que, "hoxe en día, para ter unha soa galiña ou un pucho tes que ter, a nivel Xunta de Galicia, case a mesma burocracia, no que respecta a servizos veterinarios oficiais e permisos, que para ter 1.500 vacas".
  comenta   0
A tenencia de especies exóticas está no aire e moitos propietarios xa chaman ás clínicas para consultar se un periquito se considera unha especie exótica ou se poden ter unha serpe de máis de dous quilos que non sexa velenosa. Tamén os donos de gatos se amosan dubidosos co tema da castración e a identificación con chips.
  comenta   0
Dende o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra aseguran que recibiron un aluvión de chamadas durante a fin de semana preguntando sobre a nova Lei de Benestar Animal. O Consello Galego de Colexios Veterinarios pide calma, e explica que as sancións sempre teñen posibilidade de ser recurridas.
A Fundación Franz Weber instou á Xunta a desenvolver o regulamento da súa lei de benestar animal. A súa falta de actualización "provocou que non se puxeron en marcha os programas formativos obrigatorios para o persoal de tendas de animais ou outras medidas contempladas no texto lexislativo", advirten.
  comenta   0
Farmacéuticos lembran que non poden entrar nas farmacias. Animalistas cren que a Xunta e os concellos teñen que "porse as pilas" para garantir a aplicación da nova lei estatal.
  comenta   0
Un grupo de veciños pide xuntarse co alcalde para abordar medidas para este Nadal.
As clínicas ou hospitais veterinarios soamente poderán adquirir a cantidade que estritamente precisen para completar o tratamento do animal para o cal foi prescrito.
  comenta   0
Varios colectivos abolicionistas da tauromaquia convocaron mobilizacións e actos de protesta contra a feira, que ten programadas dúas corridas os domingos 6 e 13 deste mes de agosto.
  comenta   0
O evento abordará tamén o desenvolvemento de ingredientes ricos en proteínas como alternativas á soia e a carne
  comenta   0
Entre outras cuestións, recolle o deber de identificar a través do microchip aos animais atopados falecidos na vía pública e notificar o seu deceso ás persoas que figuren como responsables. Así, a familia pode facerse cargo e comunicar a baixa ao Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía.
  comenta   0
O partido animalista PACMA convocou para este domingo 8 de xaneiro unha concentración en 27 cidades do país, entre elas A Coruña e Vigo, nas que esixirá aos dous partidos que forman o Goberno de coalición, PSOE e Podemos, que non exclúan aos cans de caza da Lei de Benestar Animal.
  comenta   0
O partido animalista PACMA asegura que estes son uns dos cans de traballo máis explotados e que é durante o exercicio da súa actividade cando teñen lesións.
  comenta   0
Ourense continua este ano apostando pola contratación dunha cabalgata con dromedarios e renos.
  comenta   0
Valería para identificar os abandonos de camadas. Protectoras alertan do "dramático" aumento dos abandonos durante este verán. Na cidade xa hai "máis cans que nenos" .
  comenta   0
Hai unha persoa detida por coaccións e provocar danos sobre un vehículo. A cooperativa CLUN, que opera na área lucense, asegura que o sector está "ao límite" ante os piquetes que impiden recoller o leite. Xunta, transportistas e gandeiros piden solucións ao Goberno.
  comenta   0
Jorge Buxadé visita A Coruña para participar nas 'Xornadas sobre a cría e tenencia ordenada de animais de compañía' e os portos de Malpica e Barizo.
  comenta   0
Reducir os tempos de viaxe e apostar pola produción local son algunhas das medidas; un cambio "de calado" para os sindicatos nun sector que non poderá asumilo "se non se lle facilitan os medios".
  comenta   0