A súa fotografía sobre unha carreira de cabalos amateur en Galicia obtén o segundo premio na categoría en branco e negro, entre case 48.000 aspirantes.
  comenta   0
A presenza do cabalo no monte galego é unha ferramenta natural e prolongada para previr os incendios e implica que haberá menos ataques do lobo ao gando estabulado. Sen embargo, a perda dos usos tradicionais do cabalo e as dificultades burocráticas poñen en dúbida o futuro do ecosistema. Antón Vázquez Corral, director técnico da asociación de Cabalos de Pura Raza Galega, fala con GC para reivindicar o papel do gandeiro e identifica a situación dos cabalos cun mal moito maior: a desaparición do rural.
  comenta   1