A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o vindeiro venres, 29 de setembro. Redeiras acollerá unha expo-feira, á que se suman paseos científicos e relatorios en bares.
Científicos alertan da presenza destes materiais sintéticos nos sedimentos de todas as rías e fronte á desembocadura do río Miño.
  comenta   0
'Peiraos do Solpor' empregará as estruturas verticais existentes nas bateas para crear ecosistemas de microhábitats que permitan implantar algas e novas especies.
Pomar afirma que hai "contactos" para "reformular" e "dar saída" ao proxecto Campus do Mar na ETEA
A catedrática Dolores Garza, coordinadora do Comité Económico-Social da candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, explica nesta entrevista o traballo que está a realizar este grupo de investigación, defende a importancia do proxecto para Vigo e a súa área de influencia, pero tamén para o conxunto de Galicia, afástase do conflito político entre Concello e Xunta de Galicia, e defende a independencia dos científicos que traballan para guiar esta candidatura.
  comenta   0
O catedrático Emilio Fernández Suárez, coordinador do equipo científico que guía a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, fala con Galicia Confidencial sobre o traballo que se está a realizar, a importancia deste proxecto para Galicia e Vigo, e as nulas relacións coa Xunta, que impulsa outra candidatura paralela, a do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
  comenta   1
Universidade de Vigo e da Consellería do Mar poñen en marcha un proxecto de investigación para promover un método de explotación baseado en información biolóxica obtida de forma continua. A idea é que aplicación móbil permita aos mariscadores da Ría de Vigo identificar o mellor momento para realizar o seu labor.
  comenta   1
Os científicos observaron unha tendencia positiva no número de Delphinus delphis, cun aumento anual por ano da poboación de case o 10 por cento.
  comenta   0
Abel Caballero confirma que os convenios entre o Concello, Zona Franca e Xunta serán aprobados a próxima semana.
  comenta   0
O Campus do Mar e o Concello de Moaña poñen en marcha esta iniciativa en colaboración co Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro.
  comenta   0
Iria Fernández Silva, do Campus do Mar, participa nun proxecto internacional que aportará unha "avaliación sen precedentes dos procesos de especiación, hibridación e introgresión nos ecosistemas mariños".
  comenta   0
O Grupo Geoma da Universidade de Vigo vén de confirmar chegadas periódicas de masas de auga doce a toda esta extensión durante os últimos 80.000 anos. O achado axudará a comprender as consecuencias do quentamento global de orixe antropoxénico.
  comenta   0
A agrupación estratéxica da Universidade de Vigo inviste case un millón de euros nestas contratacións.
  comenta   0
É o responsable da coordinación técnica, administrativa e financeira dun proxecto no que se contempla tamén o deseño e implementación de dous cursos de especialización para desenvolver o sector social, económico e ambiental.
  comenta   0