O incendio no estaleiro de Francisco Fra destruíu valiosos documentos de embarcacións tradicionais.
Os carpinteiros de ribeira queren que o seu sector sexa economicamente rendible e para iso propoñen fomentar o uso de barcos con casco de madeira, menos contaminantes que os materiais sintéticos. Piden ás autoridades fomentar a formación de novos profesionais de cara a aproveitar as novas medidas medioambientais na pesca e na pegada cero de residuos no mar. Polo de agora, non é un sector que interese á Xunta.
  comenta   1
A recuperación voluntariosa de embarcacións tradicionais en Galicia está axudando á pervivencia dun patrimonio en perigo de desaparición. Ese patrimonio tamén inclúe os xeitos, artes e tipos de pesca ademais das carpinterías de ribeira. Poñer en valor toda esta engaranaxe permitiría a creación dunha industria vinculada ao turismo que implementaría a economía de vilas mariñeiras agora con pouca actividade pesqueira.
  comenta   1