Está "practicamente completo" e "en moi bo estado de conservación". Nas campañas anteriores o director da escavación, Xurxo Ayán, presentara outro esqueleto case completo ao que chamou "Atilano".
O Carbono 14 debe confirmar un achado de "gran importancia" pola "case nula" existencia de ósos humanos prehistóricos en Galicia
A terceira campaña de escavación no Castro de San Lourenzo de Cereixa, na Pobra do Brollón, xa está en marcha. Esta nova etapa de limpeza da zona marcará un punto de inflexión na interpretación sobre o sitio arqueolóxico.