A Fiscalía reclama para os doce acusados penas de entre catro e doce anos de cárcere por delitos de integración nunha organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento dunha organización terrorista e enaltecemento do terrorismo, e pide tamén que a disolución das dúas entidades.
  comenta   0
A Fiscalía reclama a disolución de Causa Galiza e Ceivar e pide ata 12 anos de cárcere para os acusados. Esta fin de semana 1.500 persoas pediron a súa liberdade.
  comenta   1
"O que está agora na diana son os actos de solidariedade co independentismo", sinalaron os encargados de ler o manifesto, no que censuraron a deriva " autoritaria do Estado español".
  comenta   0
No réxime da democracia liberal a liberdade de expresión inclúe a crítica ideolóxica e política, mesmo para fins de transformación ou mesmo subversión da orde social. O límite é a comisión de delictos, de actos violentos.
  comenta   0
A partir do vindeiro día 19 deste mes de Outubro van ser xulgadas na Audiencia Nacional unha ducia de persoas vinculadas ás organizacións Causa Galiza e Ceivar. A fiscalía solicita penas que suman 102 anos pola presunta comisión de delitos de terrorismo.
  comenta   0
Máis de 500 líderes e militantes políticos, entre eles numerosos do BNG e de Anova, representantes da economía ou do sindicalismo asinan un manifesto no que piden á Audiencia Nacional que absolva aos detidos na chamada Operación Jano.
  comenta   6
Un informe xurídico do Observatorio Esculca conclúe que foron quebrantados "múltiples dereitos fundamentais" dos acusados de Ceivar e Causa Galiza. Denuncian que o tribunal estaría tratando como terrorismo “actividades pacíficas de disidencia”.
  comenta   0
O letrado de 9 dos investigados na Operación Jaro denuncia o "incumprimento de garantías básicas" por parte do Tribunal Constitucional. "O proceso debía estar arquivado pero os tribunais teñen unha axenda política".
  comenta   0
Critica o apoio que Feijóo ten de medios de comunicación como La Voz ou o Grupo Prisa.
  comenta   2
Néstor Rego cuestiona que se pida de novo a ilegalización de Causa Galiza sen que exista ningún elemento novo que o xustifique. Independentistas procesados na Operación Jaro anuncian que participarán na campaña electoral.
  comenta   0
Os activistas, para os que piden 102 anos de cárcere, acusan directamente a “Pedro Sánchez e ao seu fiscal” de tentar infundir "medo" entre os disidentes.
  comenta   0
Entre as acusacións están a "conmemoración de diferentes efemérides radicais" do nacionalismo galego coma "O Día da Galiza combatente, o Día da Patria Galega ou o Día Internacional dos Presos Políticos".
  comenta   5
Ata nove actos políticos diferentes tiveron lugar nun Día Nacional de Galicia no que se constatou que o "esperpento" da fracasada investidura de Pedro Sánchez en Madrid pode ter serias consecuencias para un cambio de ciclo político en Galicia.
  comenta   2
O PSdeG volve a Rianxo. O nacionalismo e independentismo van divididos, igual que Anova, Podemos e Esquerda Unida, a pesar de estar aliados na Cámara galega. O PP adiantou os actos para o 23 de xullo.
  comenta   7
As organizacións nacionalistas volven organizar actos separados. Por outro lado, o PP homenaxeará o 'Balbino' de Neira Vilas e o PSdeG volve a Rianxo. En Marea e Podemos escollen como 'leit motiv' dos seus actos o ecoloxismo e o feminismo, respectivamente.
  comenta   5
Destaca que hai un sector do pobo galego que quere un "Estado propio". Destaca que a Audiencia Nacional retirou as acusacións de pertenza a banda armada contra nove dos seus militantes.
  comenta   6
Causa Galiza critica estes arrestos, que considera unha "nova montagem policial contra o independentismo organizado".
  comenta   17
Como é que cántabros, canarios ou valenciáns teñan representantes propios en Madrid, e non os teña unha nacionalidade histórica como é Galicia?. Vascos e cataláns demostraron este domingo que é posible confiar en forzas nacionalistas de dereitas e de esquerdas para frear un posible pacto das dereitas e ultradereita en España. Pero, por que en Galicia o nacionalismo compite con Vox, unha formación que case non fixo campaña en Galicia e non conta con apoios mediaticos no país.
  comenta   33
Causa Galiza pide o voto expreso para o Bloque porque di que é o único que "pode garantir a autodeterminación". Pola súa banda, Agora Galiza - Unidade Popular acusa o BNG de "mornamente soberanista" e "interclasista" e non o apoiará.
  comenta   9
Hai sete anos en Galicia só había tres grandes forzas políticas. Hoxe son dez os grupos ou formacións con certa presenza nas institucións do país e, a maior parte delas, do espectro nacionalista e de esquerdas. A ruptura do espazo de En Marea e a presentación de varias listas no espectro nacionalista e rupturista pode provocar que todos queden sen escano en Madrid.
  comenta   18
Os socialistas de Ferrol amosan a súa repulsa “enérxica” tras a agresión dun independentista nesta cidade e piden que os agresores acaben ante os tribunais.
  comenta   6
O parte de lesións recolle fracturas óseas na vítima, tras ser agredida por un grupo de 8 a 10 persoas, segundo a organización.
  comenta   2
O anuncio de Pedro Sánchez só amola aos conservadores, que buscaban algo máis de tempo para tentar frear o 'efecto Vox'. PSdeG e BNG activan a maquinaria electoralista de cara ao 28 de abril.
  comenta   0
Fai, sobre todo, un chamamento á xente nova para ocupar as rúas baixo a premisa de que "a única opçom de futuro para a Galiza é a independência nacional".
  comenta   4
Os actos celebráronse ao longo deste sábado en Dodro,onde está soterrado, Fene e Ferrol, cidade na que morreu o activista en 1975. UPG, MGS, Agora Galiza e Causa Galiza realizaron homenaxes separadas.
  comenta   18
O BNG rexeita acudir a unha marcha conxuntamente cos independentistas de Causa Galiza e os nacionalistas de Anova. Ana Pontón fai un chamamento a converter a manifestación do Bloque nunha "gran mobilización social".
  comenta   23
A deputada conservadora acusa a líder de Podemos Galicia de apoiar ao que La Voz define como "brazo político de Resistencia Galega". Santos respóndelle lembrándolle os moitos casos de corrupción do PP, incluída a citación do presidente do Goberno para declarar no xuízo da Gürtel. Chíos no interior.
  comenta   7
Sindicalistas, xornalistas, políticos ou activistas pídenlle ao Goberno español o arquivo definitivo desta causa que leva a Audiencia Nacional.
  comenta   0
A organización independentista anunciou este xoves a "posta a punto" das súas actividades tras 14 meses suspendida de actividades pola Audiencia Nacional.
  comenta   6
A organización política solicita á Administración autonómica que "suspenda a proxección" nos cinemas galegos por realizar "apoloxía" da "humillación e degradación das mulleres".
  comenta   3
A organización iniciará os trámites para rexistrarse no Ministerio do Interior tras deixar sen efecto a Audiencia Nacional a "suspensión preventiva de actividade".
  comenta   0
Lamentan a súa situación de "indefensión xurídica" e acusan ao Estado de "envorcarse na vía represiva" nun momento de "crise territorial".
  comenta   0
Queren que presenten iniciativas para rexeitar a súa ilegalización. Os nacionalistas confirman que manterán esa xuntanza, mentres que En Marea está, aínda, pendente de analizar a petición.
  comenta   0
A coalición electoral 'Os pobos deciden' acusa a España da "ilegalización de grupos políticos e a persecución policial, económica e administrativa de protestas populares".
  comenta   0
O xuíz di que realiza de “maneira sistemática actividades nas que se enaltece, xustifica e promociona o terrorismo". Independentistas cualifican de "disparatados" os argumentos esgrimidos e denuncian tamén a "condena" do "activismo dos procesados".
  comenta   12
Piden que se levante a suspensión das actividades políticas desta organización e denuncian o “processo de fascistizaçom do regime espanhol”.
  comenta   14
Joam Peres é un dos imputados na "Operación Jaro", na que a Policía detivo a directiva de Causa Galiza por presuntamente enaltecer o terrorismo. Este domingo 50 organizacións convocan unha manifestación "polos dereitos civís de todos". Os apoios, e ausencias, nesa marcha e o papel dos medios de comunicación tras as detencións son algúns dos temas desta entrevista.
  comenta   2
“Ninguén -nin a Audiencia Nacional nin ningunha campaña político-mediática de desprestixio- vai conseguir alterar o inquebrantábel compromiso da nosa organización coa defensa da Galiza e do seu pobo traballador”, destaca a Executiva Nacionalista nun comunicado remitido aos seus militantes.
  comenta   12