O Galicia Confidencial fala coa antropóloga Lidia Mariño sobre as historias que rodean á Santa Compaña como agoiro de morte, a poucas horas de que comece o seu período de máxima actividade: a Noite de Defuntos.
  comenta   0
A perito xudicial en Arqueoloxía especializada en cultura celta África Castañeda confesa ao Galicia Confidencial que, "se se trata de recuperar a celebración tradicional tirando máis para o Halloween que para o Samaín, probablemente se remate perdendo".
  comenta   0
A celebración do solsticio de verán en Galicia mantén viva a antiga veneración celta polo triunfo da luz sobre a escuridade.
  comenta   0
O antropólogo Rafael Quintía, que descarta absolutamente falar de Halloween, asegura que o termo correcto para esta festividade sería Día de Defuntos. "Chamarlle Samaín tampouco ten sentido, porque a de hoxe xa non é a festa que se celebraba na Idade de Ferro, é outra cousa", afirma, apuntando que "un termo interesante e que estaría moi relacionado con este Día de Defuntos sería o Magosto, que comeza tamén o 1 de novembro e é outro rito de carácter funerario".
  comenta   0
Bretaña, Escocia, Gales, Irlanda e Cornualles estreitan alianzas con representantes de primeiro nivel no 1º foro celta. Rueda di que Galicia estivo "moi ben representada" cun director xeral mentres o BNG critica que "só mira para Madrid" e "non ten ningunha aspiración para Galicia como nación".
  comenta   2
A Xunta estará representada por un director xeral, mentres que Escocia ou Gales envían a ministros pincipais. No encontro falarase dun "Erasmus celta", de transporte, pesca, lingua e cultura.
  comenta   1