O día 1 de decembro de 1979 falecía en Vigo Eduardo Blanco Amor a quen coñecín moito nas tertulias duns poucos na Fundación Penzol.
  comenta   0
Tres son os esteos nos que asenta o discurso fundacional da Irmandade da Sanidade Galega: ciencia, humanismo e galeguismo. Os tres conceptos compleméntanse cando o exercicio da medicina se practica co auxilio da antropoloxía. A ciencia, como medio imprescindible para curar as anormalidades dos corpos; o humanismo, para que o profesional da medicina instalase o seu saber nas coordenadas culturais do enfermo, e o galeguismo para entender a esencia da urdime sentimental do paciente.
  comenta   0
Resalta a xestión de Obra Social Ospaña para "garantir a sanidade" dos galegos. Esta entidade atende a 70.000 galegos e descendentes, especialmente, aos socios do Centro Galego de Buenos Aires que atravesa unha grave crise.
  comenta   0
Segundo o conselleiro de Cultura, Román Rogríguez, di que a persoa que foi elixia como presidente polos usuarios do Centro non tomou posesión.
  comenta   0
Desde as filas do BNG falan de urxencia para actuar e asumir responsabilidades, mentres que os socialistas piden explicacións á Xunta e En Marea considera inaudito o actual estado do Centro.
  comenta   0
A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina organizou os actos do 69 aniversario da súa morte, nos que se recordou que o intelectual "só quería volver a Galicia cando esta sexa realmente libre".
  comenta   0
O deputado Miguel Anxo Fernán Vello presentou unha iniciativa no Congreso para solicitar medidas que freen o "desmantelamento" e "abandono" do centro, onde se gardan obras de artistas galegos como Castelao, Seoane ou Díaz Pardo.
  comenta   0
O colectivo emigrante acusa á Xunta e ao Goberno central de desentenderse dunha das institucións máis importantes da galeguidade na Arxentina. Nin Feijóo, nin Pedro Sánchez fan nada por rescatar un edificio que foi o centro neuralxico do colectivo galego nese país durante anos. Os emigrantes, e ata un premio da paz, piden que o edificio e toda as súas obras de arte non caian en mans da especulación.
  comenta   1
Feijóo asegurou que o centro está intervido pola xustiza arxentina polas súas débedas e que xa se mantiveron xuntanzas con Macri para abordar esta cuestión.
  comenta   0
Desde fai varios anos vénse falando da crise e agora do peche do Centro Galego de Bos. Aires. Esta morte anunciada foi obviada pola sociedade galega. O Partido Popular ocultábaa e a esquerda descoñecíaa, pola súa despreocupación polas súas emigrantes.
  comenta   0
O Centro tamén proporciona asistencia sanitaria aos emigrantes galegos e que foi intervido pola xustiza arxentina tras un proceso de acumulación de débeda.
  comenta   0
A Gala do Día de Galicia, impulsada pola Federación de Asociacións Galegas na Arxentina, volveu situar na cima a cultura galega en chan arxentino colgando o cartel de "completo". Reivindica coidar o patrimonio e as institucións.
  comenta   0
Adolfo Pérez Esquivel, Nobel da Paz en 1980, apoia a loita dos socios e traballadores do Centro Galego de Buenos Aires para evitar a quebra ou a venta desta institución.
  comenta   0