Hai xusto dous anos, Chandebrito era un inferno. Un inferno de lume, fume e terror, como en boa parte de Galicia, especialmente o sur de Pontevedra, que ardía polos catro recunchos. Pasaron xa 24 meses e os veciños desa pequena parroquia chantada nos montes de Nigrán non esquecen. Alí moreron as dúas primeiras vítimas dunha vaga de lumes que calcinou case 60.000 hectáreas en cinco días na que tamén perderon a vida outras dúas persoas.
Insisten en ver "imprudencia" na Policía e discrepan da resolución xudicial, que se basea na ausencia de autor coñecido: "Só se pedía que se recoñecese que foi unha decisión moi equivocada. Non queriamos que condenasen a ninguén", subliñou a filla dunha das falecidas.
  comenta   0
Un veciño do municipio pontevedrés de Nigrán faleceu este martes tras varios meses en coma.
Tódalas mortes por incendios en estrada e camiños desde 2006 en Galicia e en Portugal foron en zonas nas que había piñeiro e eucalipto. E o túnel da Cañiza, nas Rías Baixas, puido terse convertido nun inferno. Tamén outras estradas de Cotobade ou Fornelos do Monte. Desafortunadamente a de Chandebrito, en Gondomar, si resultou mortal.
Avalancha de críticas contra o presentador do programa de Cuatro 'Volando Voy' por "silenciar" a axentes e bombeiros forestais e o labor do 085, e por "distorsionar a realidade" e "mentir". Esixen que rectifique.
  comenta   3
Quedou unha paisaxe desoladora, para lembrar que algo así non pode volver acontecer. E, para iso, acabase de inaugurar o Bosque da Memoria, que con especies autóctonas defende outra maneira de entender o monte, dende a responsabilidade.
A localidade de Chandebrito (Nigrán), “a zona cero” dos incendios que arrasaron Galicia o pasado outubro, inaugura este venres o seu Bosque da Memoria para lembrar que traxedias así non volvan acontecer.
As axudas prometidas pola Xunta tras a vaga de lumes non chegan á xente cando quedan quince días para que remate a ampliación do prazo. En Chandebrito os veciños van xa pola súa conta e abriron a súa propia oficina e realizaron un concerto benéfico para unha familia que está desprazada tras arderlle a casa. Afectados e concellos pídendelle ao Goberno galego que amplíe o tempo, que simplifique os requisitos de solicitude e que aumenten as contías.
  comenta   2
Malestar polas medallas aos policías tras a vaga de incendios. Fontes consultadas denuncian que as condecoracións terían que ser para os veciños que perderon a vida, os fogares ou aqueles que estiveron apagando os lumes.
  comenta   1
Víctor M. Vidal mantén que os axentes non merecen "galardón algún" e di que era "evidente" o seu "medo e falta de profesionalidade" o 15 de outubro, o día negro da vaga de lumes.
  comenta   7
Un telespectador entrou en directo o pasado venres para describir o sucedido nesta parroquia de Nigrán. Recriminou á Policía Nacional a súa actuación "desastrosa" e, sobre todo, arremeteu contra a canle pública por non informar durante a vaga de incendios. Vídeo no interior.
  comenta   1
Víctor Manuel Vidal Otero, presidente da Asociación de Veciños de Chandebrito e membro da comunidade de montes da parroquia, fala nesta entrevista no GC do que pasou o domingo negro. Moita improvisación, moito medo, tensión e impotencia. Grazas a un grupo de Whatsapp puido organizar aos veciños. Logo a Policía coordinou a saída, pero frustrouse. E nesa marcha atrás de máis de 50 vehículos foi onde perderon a vida Maximina e Angelines. "Foi unha sorte que non teña habido máis mortos", asegura.
  comenta   11
Aparece unha furgoneta calcinada con, alomenos, dúas persoas mortas no seu interior. Os efectivos de loita contra os incendios non descartan que se atopen máis cadáveres.
  comenta   9