As case tres semanas que aínda quedan por percorrer poden dar de si moito en caso de buscar lecturas entretidas e con “enganche”. Aínda que sempre quedan os clásicos, aquí van unha serie de títulos, algúns coñecidos, outros xa non tanto para quen guste de botar unhas páxinas de cando en vez mentres non lle chegan as plataformas á casa.
  comenta   0
O coronavirus está a darlle a volta á vida de todos e todas. Non é doado buscar a maneira de que as horas pasen sen que se sintan os efectos da inactividade. Para quen queira e teña ganas de ver algo entretido, ofrecemos a recomendacións de series xa pasadas, mais con certa forza algúns anos despois da súa última tempada.
  comenta   0