O obxectivo da iniciativa Twinflag é investigar vías de sinalización e mecanismos de comunicación celular dirixidos a identificar novas dianas terapéuticas para combater o cancro e outras patoloxías relacionadas co envellecemento, como a artrose.
O proxecto europeo Fastcomet arrincou esta semana con socios de Bélxica, Francia e España. O catedrático Luis Liz Marzán, director do recén estreado Laboratorio de Nanomateriais Biomiméticos, apunta que será preciso que as nanopartículas se fabriquen "cunha pureza exquisita".
A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o vindeiro venres, 29 de setembro. Redeiras acollerá unha expo-feira, á que se suman paseos científicos e relatorios en bares.
O novo programa, coordinado por Juan Pablo Hervés, investigador do CINBIO, ofrece neste primeiro curso un total de 12 prazas, coas que os aspirantes poderán optar a liñas de investigación como as terapias avanzadas, sistemas e sensores para monitorización en medioambiente e saúde; nanomateriales funcionais; prevención de enfermidades, dispositivos e biomarcadores para a detección temperá; alimentación, nutrición e seguridade alimentaria; ou estratexias de sustentabilidade.