A empresa auxiliar de automoción alemá Benteler inaugurou este mércores en Mos (Pontevedra) a súa primeira 'smart factory', que xerará 175 empregos e elaborará compoñentes para o Grupo PSA Peugeot Citroën.
A planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo presentou este mércores en sociedade o seu novo modelo, o Peugeot 2008, un "todocamiño" que comezará a súa produción en serie a principios de outubro.
A deputada electa de En Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz, esixiu á fábrica coa que conta PSA Peugeot Citroën en Vigo que contrate a máis persoal e afirmou que a súa formación apoia os paros que realizarán este xoves os empregados para denunciar a sobrecarga de traballo.
O Xulgado do Social número 4 de Vigo considera que "unha modificación substancial das condicións de traballo fora da canle prevista legalmente" levaría incorrer nunha "fraude legal que burlaría a protección outorgada pola norma aos traballadores".
O alcalde de Vigo xustifica a demanda para "aforrar custos" á planta. "Parece que o único que non ten présa en que Citroën aforre e mellore a súa competitividade é Feijóo", di. reafírmase en que hai "présa" por crear chan industrial preto de PSA para localizar provedores e afea a Feijóo que "se queixe"
En Galicia vendéronse en xaneiro 10.100 vehículos de ocasión, o que supón un descenso do 4,69% respecto ao mesmo mes de 2018. Deles, 8.787 foron turismos e 1.313 furgonetas. Por marcas, colócase na cabeza en turismos con 841 unidades e en comerciais, 258.
"Soubemos competir con éxito grazas a unha ofensiva de produto sen precedentes, que soubo responder as necesidades tanto para os clientes particulares como de empresas", suliñou un directivo da empresa.
Pechou o ano pasado cun volume mundial de vendas de 3,87 millóns de unidades tras precarizar a situación laboral dos traballadores.
Juan Antonio Muñoz Codina asume a dirección do Polo Ibérico e Antonio Cobo é nomeado novo vicepresidente de Produción de Opel/Vauxhall.
  comenta   0
A dirección da planta viguesa suxire aplicar un ERE temporal, ademais de eliminar unha quenda na liña de produción M1. Xustifican a súa decisión aludindo á baixa demanda dos modelos fabricados nese sistema.
  comenta   1
O T. S. ratifica a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Tamén desestima os recursos da empresa e reintegrar aos traballadoras as cantidades descontadas dos seus soldos.
  comenta   0
A Comisión de Igualdade, tras reunirse este mércores, remarca que o centro "se adaptou ás modificacións normativas de igualdade".
  comenta   0
O sindicato nacionalista convocou unha concentración este mércores, día 11, ás 13,30 horas ante a factoría de PSA. Unha mobilización que servirá como "preámbulo" do xuízo que se celebrará o día 16, ás 12,00 horas, a partir do que a CIG espera "tirar abaixo este acordo restritivo".
  comenta   0
A dirección da empresa asegura que a folga foi secundada por 4 das 15 persoas que tiñan quenda obrigatoria. Os sindicatos convocantes do paro (CIG e CUT) acusan á dirección da empresa de "enviar comunicacións intimidatorias" aos empregados.
  comenta   0
Denuncian que a empresa utilizou a traballadores doutras quendas para cubrir as vacantes motivadas polo paro dos seus compañeiros.
  comenta   2
CC.OO., CIG e CUT cren que as novas contratacións son "insuficientes" e insisten na necesidade de acudir á mediación para solucionar un conflito xerado pola "sobrecarga abusiva".
  comenta   3
Toda a oposición e os tres grandes sindicatos do país únense para reclamar que a Xunta denuncie ao Estado veciño pola súa agresiva política de case regalar chan ás industrias do automóbil.
  comenta   5
Comisións alerta que o grupo Antolín persegue e finalmente despide os empregados que non se amoldan aos ditames da empresa.
  comenta   0
A empresa automobilística francesa Citroën ten o obxectivo de incrementar un 30% as súas vendas mundiais ata 2021, para o que está a implementar unha ofensiva de produto internacional e unha estratexia 360 graos no seo da empresa.
  comenta   0