Asegura que "hai que poñer de novo en valor algo que vai na nosa condición humana, o estar xuntos, porque somos vulnerables e precisamos dos demais", pois, aínda que "nos fixeron crer que con ter un salario cada mes é suficiente, e que non precisamos dos nosos veciños, non é así, porque xuntos somos mellores".
  comenta   0
A veciña de Vilagarcía, María Lourdes Porto Pardal, asignou no seu testamento a totalidade do seu patrimonio a Cáritas Interparroquial de Arousa. A cifra herdada ascendía a 797.000 euros, o que permitiu á entidade adquirir e habilitar unhas novas dependencias que este mércores foron inauguradas.
  comenta   0
"Nunca se destinaron tantos recursos a partidas sociais como se están dedicando agora", garantiu Gonzalo Pérez Jácome, lembrando que desde o ano 2019 ata este 2023 o orzamento das partidas que o concello destinaba á área social "incrementouse drasticamente".
  comenta   0