O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, sinalou que "o propio Consello de Contas" dixo "cara a cara" á oposición que "non tiña razón" e que "non existe sobrecusto" nin "tachas de legalidade" na construción do Álvaro Cunqueiro.
  comenta   0
O Grupo Popular enviou ao Rexistro da Cámara o luns pola tarde, cinco días despois da última comparecencia nesta comisión creada a petición do BNG, un escrito conforme ao cal o relatorio aprobou o proxecto de ditame coa única firma do PP
  comenta   0
Na tarde do xoves, nacionalistas e socialistas xa avanzaron que rexistrarían senllos escritos para advertir que a chamada para reunirse este venres non respectaba o prazo mínimo de 24 horas que establece o Regulamento da Cámara e que "non foi acordada" cos outros grupos, que a esperaban para a próxima semana
  comenta   0
María José Rubio cre que o modelo público-privado "encorseta, e moitísimo, o desenvolvemento das especialidades e dos profesionais sanitarios".
  comenta   0
Todo ocorreu durante o debate dunha proposición non de lei (PNL) do BNG para ampliar tanto a documentación solicitada como a listaxe de comparecentes, máis aló do que se pediu ao amparo do plan de traballo que aprobou o PP en solitario
  comenta   0
As referencias ás "leas e toxicidades" da política estatal, na mesma xornada na que arrinca o Congreso Federal do PSOE de Sevilla, e ao "ruído enorme da corrupción" que atribúe ao Executivo de Pedro Sánchez foron unha constante na súa primeira intervención.
  comenta   0
A sociedade que xestiona o hospital está composta por cinco socios. Un deles é Meridian, un fondo francés que xestiona outros tres hospitais en España e que en 2020 comprou o seu parte á investidora Acciona. Neto tamén é directivo de Meridian, que conta con "experiencia" no ámbito sanitario: "Sabemos facer este traballo"
  comenta   0
O plan de traballo que rexe a comisión, que naceu a impulso do BNG, non estivo exenta de críticas por parte do PSdeG e da propia formación nacionalista
  comenta   0
Estas serán as dúas primeiras persoas en acudir a este órgano do Parlamento galego creado por iniciativa do BNG, pero cuxo plan de traballo aprobou o PP en solitario coa súa maioría absoluta
  comenta   0
O portavoz parlamentario dos populares, Alberto Pazos, insistiu en que non vetan "a ninguén", pero rexeita converter este órgano "nun circo" e sinala que Feijóo xa compareceu "moitas veces" na Cámara cando era presidente da Xunta para explicar os asuntos que serán obxecto desta investigación
  comenta   0
Ademais, o BNG, que fixo valer o peso dos seus 25 deputados para o impulso desta comisión no Parlamento galego, incluirá tamén máis de 30 peticións de documentación na súa proposta de plan de traballo.
  comenta   0
Fontes do BNG confirmaron que solicitarán que comparezan neste órgano as persoas que consideran que formaban parte dunha "trama de cobro de comisión nos contratos pola vía de emerxencia realizados durante a pandemia".
  comenta   1
Ademais de permanecer o sistema de maioría simple para a votación do plan de traballo, tamén foron rexeitadas polos votos do PP as emendas da oposición ao plan de traballo que expuña o modelo 'pregunta-resposta' para as comparecencias da comisión
  comenta   0