Ademais da silueta dunha muller gaiteira, como imaxe principal do deseño, están incluídas no corpo desta a Virxe de Montserrat, as figuras femininas dos Xigantes e Cabezudos, gaiteiras, pandereteiras e bailadoras que protagonizan parte do programa musical das festas monfortinas. O autor é Rubén Lucas García.
O Concello de Monforte vén de presentar o concurso para o cartel anunciador das Festas Patronais de 2024 do mes de agosto.
O Concello de Monforte vén de presentar a programación oficial da que será a XX Feira Medieval, un evento que, en palabras do seu Alcalde, "constitúe unha das citas de lecer mais importantes de Galicia na fin de semana de Semana Santa”. Cun orzamento que rolda os 100.000 euros, a cidade mergullarase no medievo e tanto veciños como visitantes gozarán dun amplísimo programa de actividades, algunhas delas non antes vistas.
Sobre un centenar de persoas protagonizaron este xoves unha concentración fronte ao Concello de Monforte de Lemos, na que participou o alcalde, José Tomé, para clamar contra as agresións sexuais a dous menores na madrugada do martes, durante as festas patronais do municipio, polas que dous novos (un deles, menor de idade) foron detidos.
  comenta   0
Ás 12 horas da mañá do sábado, 8 de abril, uns pregoeiros desenvolverán un espectáculo no que informarán do que acontecerá a fin de semana na cidade de Monforte, dándolle paso ao saúda do Alcalde. Tras o saúda do Alcalde, e por quinta vez consecutiva, haberá unha salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, para dar inicio oficial á Feira.