O deputado galego e vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores, integra unha delegación internacional de urxencia desprazada a esta zona de guerra entre Armenia e Acerbaixán.
  comenta   5
En poucos días, a pantasma das Caixas de Aforro galegas regresou ao escenario mediático e tamén ao político. A concreción dese retorno tivo dous momentos. Primeiro foi o coñecemento dunha contundente alusión crítica á fusión de Caixagalicia e Caixanova, aparecida nunha recente sentenza da Audiencia Nacional. Posteriormente, transcendeu a decisión tomada polos tres grupos parlamentares da Cámara do Hórreo para reabrir a Comisión de investigación que -debido á deliberada negativa do PP- non foi quen de concluír as súas actividades nas dúas lexislaturas anteriores.
  comenta   0
A ministra de Industria promete avaliar "todas as alternativas" para manter o emprego na planta de San Cibrao, que é "estratéxica".
Participaron unhas 5.000 persoas. O presidente do comité de empresa avisa, entre proclamas a favor da intervención, de que son as administracións "as que teñen que facer algo"
O seu vicepresidente, Roberto Blanco Valdés, participou activamente nas dúas grandes campañas da asociación de Álvarez de Toledo, xunto co ex rexedor coruñés Paco Vázquez.
  comenta   9
Unhas 200 persoas limparán areais de toda Galicia na vindeira fin de semana "se a choiva dá tregua".
  comenta   0
Un colexio de Brión pediu monitores para desdobrar o servizo de comedor. A resposta da Consellería foi ampliar o número de voluntarios, un posto exclusivo para nais e pais. A ANPA xa está a mobilizarse: “temos que traballar, comedor xa!”.
  comenta   0
As axudas dos Proxectos Culturais Xacobeo 2021 recibiron case 1.100 proxectos. A Consellería de Cultura aprobou tan só 354 cuns fondos que pretendían "dinamizar o tecido cultural galego". "O que non pode ser é que se mime tanto ás grandes empresas e mesmo a sectores como ao do ocio nocturno e nós teñamos que pelexar polas migallas", critican fontes do sector.
  comenta   8
Alfonso Rueda di que "teñen trascendencia social" e o alcalde de Santiago considera que xeran "preocupación", a pesar de que o presidente do TSXG dixo que este tipo de delitos "diminuiu".
  comenta   3
O persoal das contratistas de Alcoa denuncia co paro o seu "desamparo" no conflito laboral e presiona pola venda: "nin cubas nin empregos, temos unha responsabilidade coa Mariña".
Unha muller da Coruña acusada de mandar cartas ameazantes á súa exsocia podería ser condenada logo de que unha experta en caligrafía apreciase "analoxías" entre as misivas e a súa escritura.
  comenta   0
O investigador Bruno Díaz sostén que a atención dos humanos faille un "fraco favor" ó animal porque "o alonxa da súa vida como delfín", unha situación que pode tornar problemática coa chegada da madurez sexual.
  comenta   0
O estudo asegura que o 77% dos centros "non poderán facer desdobres" cos profesores dispoñibles. O sindicato carga contra a Consellería por sementar o "caos" nas aulas.
  comenta   0
CCOO asegura que a xerencia ourensana non pon en corentena ó sanitarios que entran en contacto con positivos. "Pode carrexar un grave problema de saúde pública", advirten.
  comenta   0
Protestan ante San Caetano traballadores deste corpo, en folga indefinida desde o 1 de agosto pero con servizos mínimos do 100%.
  comenta   0
Piden a dimisión da Delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero por responder "con prexuízos" a unha denuncia da asociación
  comenta   0
O obxectivo é sentar as bases para a creación de accións municipais mediante a creación dun servizo que facilite a actuación municipal grazas á mediación.
  comenta   0