A CIG presentou este luns unha queixa ante a Valedora do Pobo para que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP garanta a titulación académica dos traballadores dos comedores escolares da Xunta.
  comenta   0
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP lanzou unha enquisa entre o profesorado que emprega o programa E-Dixgal co obxectivo de revisar e actualizar este proxecto de cara a reforzar o modelo híbrido de ensinos, no que as metodoloxías de aprendizaxe tradicionais combínanse e compleméntanse cos novos desafíos dixitais.
  comenta   0
Dende Galicia Confidencial falamos con Karina Mouriño, mestra da EEI Taboexa, que reivindica o impacto tan positivo que estas escolas teñen na sociedade galega e denuncia a insostible situación que atravesan na actualidade, moi esquecidas pola Administración e cun goteo continuo de peches ano tras ano.
  comenta   0
A presidenta da Asociación Galega de Orientadoras (AGOEP), Martina Martínez, apunta que, segundo a Unesco, cada orientadora debería ter baixo a súa atención un máximo de 250 alumnos. "Eu creo que no 80 % dos casos esa cifra non se está cumprindo, pois a maioría dos centros precisariamos dúas orientadoras máis, polo menos", de maneira que denuncia que as 15 prazas ofertadas este ano pola Consellería de Educación, "non chegan nin para comezar".
  comenta   0
A Consellería de Educación financiará con cinco millóns de euros a posta en marcha de medidas que favorezan a xubilación parcial dos docentes do ensino concertado que cumpran os requisitos esixidos.
  comenta   0
Jaime Acuña, secretario da Federación comarcal de Anpas de centros públicos, liderou a protesta en Ferrol, instando á Consellería de Educación a tomar medidas concretas para resolver os problemas.
  comenta   0