A aplicación do Real Decreto 933/2021 sobre rexistro documental entrará finalmente en vigor o próximo 2 de decembro tras prorrogarse en tres ocasións e ser obxecto constante de críticas por parte do sector turístico, que xa estuda accións legais con respecto á súa inminente entrada en vigor.
  comenta   0
O Consello de Estado francés anula as autorizacións de aeroxeradores tras un recurso de 16 asociacións e entidades ecoloxistas. A decisión pode influír na política ambiental da UE.
  comenta   0
Estudará agora o fondo dunha trintena de artigos. Aínda que a Xunta di respectar esta decisión xudicial, "como non pode ser doutro xeito", quéixase de que o Goberno central "furtou a Galicia o seu dereito a defenderse ao non trasladarlle nin o propio recurso presentado nin o ditame do Consello de Estado no que se basea"
  comenta   0
Volve pedir este informe do Consello de Estado para poder "defender" a norma no Tribunal Constitucional e asegura que se está sometendo á Xunta a un "descoñecemento intencionado".
  comenta   0
O presidente galego aseverou que "o único" que sabe sobre o proceso o seu executivo é que "a Galicia lle plantaron un recurso baseado nuns argumentos que se negan a facilitar".
  comenta   0
Rueda ironiza con que esta norma sexa unha "ameaza" para a Constitución, pero "non hai ningún problema" coa amnistía.
  comenta   0
Asegura que "invade competencias estatais". Rueda di que "parece unha broma" que isto se faga contra "unha comunidade tan respectuosa" como Galicia.
  comenta   0
José Manuel Romay Becaría, ex alto cargo franquista, fichou a Núñez Feijóo para a política. Se hoxe o líder do PP é o que é, é grazas a este político e avogado de Betanzos. Pero a relación entre os dous tampouco se entende sen o papel de Carmen Martín de Pozuelo, a sobriña de Romay, desde hai case 20 anos alta directiva da empresa Atos. Esta é a historia dun padriño político, dun afillado aventaxado e da sobriña empresaria.
  comenta   0