Todo ocorreu no Palacio das Cortes, sito na Praza das Cortes, núm. 1, en Madrid, antigo convento do Espírito Santo da Orde dos Clérigos Menores. Foi un día 23 de agosto de 2011 cando o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, propuxo a reforma da Constitución “para establecer unha regra que garanta a estabilidade orzamentaria no medio e longo prazo, tanto en relación co déficit estrutural como na débeda, que vincularía a todas as administracións públicas” (Vid. El Mundo 24 de agosto de 2011).