O centro de coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra recibiu o aviso sobre as 23.50 horas deste martes cando o barco se atopaba a catro millas náuticas ao noroeste de Fisterra.
  comenta   0
O operativo está dirixido desde un xulgado de Corcubión, que declarou a causa secreta, e esténdese por distintos puntos de Galicia. Realizáronse varios rexistros desde primeira hora en localidades como Fisterra, Cee e Carballo, na provincia da Coruña, e nunha vivenda na zona das Rubas da Illa de Arousa, en Pontevedra.
  comenta   0
A Patrulla do Seprona da Garda Civil de Corcubión investiga a dous homes e a unha muller, veciños de Muxía e de Cee, como presuntos autores dun delito de furtivismo de pesca e outro de pertenza a grupo criminal.
  comenta   0
En 50 municipios dos 93 totais máis da metade da poboación votou aos populares. O municipio onde maiores apoios recabou o PP de Alfonso Rueda dentro da provincia foi Tordoia (3.259 habitantes), cun 68,30 % de votos.