O presidente galego aprobou este xoves o nomeamento da ata agora presidenta do Consello Económico e Social (CES), e presidenta da xestora do PP en Vigo, Corina Porro, como delegada da Xunta na cidade olívica. O seu antecesor, Ignacio López-Chávez, será o novo presidente do Tribunal da Competencia. Queda pendente o nomeamento da Presidencia do CES que podería ocupar Pilar Rojo.