Dous machos pertencentes ás colonias da illa do Faro, no arquipélago das Cíes, equipáronse cun sistema de vixilancia a través duns dispositivos "ultralixeiros" que permitirán controlar as poboacións do corvo en distintas zonas.
  comenta   0
Un estudo científico identifica partículas de plásticos nas bólas formadas por restos de alimentos non dixeridos e regurxitados polos corvos mariños cristados da colonia de Ons. Os investigadores cren que os restos de nailon e poliéster atopados proveñen dos aparellos utilizados no cultivo de mexillón.
  comenta   0
O ecoloxista Antón Lois denuncia que especies emblemáticas como o corvo mariño, imaxe do parque, están en perigo de extinción. "É un parque absolutamente ferido", asegura nesta entrevista.
SEO/BirdLife denuncia a caza desta especie, que "é ineficaz para mellorar as poboacións de troitas e salmóns" nos ríos, como argúen a Administración e os pescadores.
  comenta   0