O Servizo de Publicacións da Uvigo publicou no ano 2000 o libro de Luís M.García Mañá “Couto Mixto. Unha república esquecida”, que tivo varias reedicións. Tratase dun traballo de investigación rigoroso sobre as oríxes dunha entidade territorial con personalidade xurídica semellante á dun Estado.
  comenta   0
Efectivamente, tal como afirmamos no enunciado desta colaboración, aquela institución xurídica e territorial, que elixía os seus cargos representativos por sufraxio universal en tempos de monarquías absolutas, semellaba ser unha lenda. Coa decida intervención duns amigos evitamos que o que podería derivar nun conto da tradición oral é hoxe unha páxina histórica na súa acepción canónica.
  comenta   0